Mostrando entradas con la etiqueta Ditos e Refrans. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ditos e Refrans. Mostrar todas las entradas
viernes, 2 de julio de 2010
martes, 22 de junio de 2010
Da noite á mañá o zarroto naz
lunes, 14 de junio de 2010
Choupín, cogordón, zaramela da rodela; para min, para ti. Pero que se mova a rodela.
miércoles, 9 de junio de 2010
domingo, 30 de mayo de 2010
“Pingoles, pingoles esta pingando; fungoles, fungoles esta fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba”

Fungato, Falopo dos curandeiros Panqueixo (Calvatia cyathyformis)
“Pingoles, pingoles esta pingando; fungoles, fungoles esta fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba”
Esta é unha adiviña de nunca acabar, pois se un responde que é a pinga de auga que cae nun fungo (Calvatia, Lycoperdon, Geastrum, Astraeus ou outros) e que provoca que este ceibe as esporas, que é a resposta correcta, o interlocutor pode dicir que non; se outro di que é o ourizo da castaña que lle cae enriba o xabarín, cando esta larpando as castañas, tamén pode dicir que non, e se di que é a pinga de graxa de curar os chourizos que lle cae enriba ó gato, aínda pode esixír mais respostas alternativas
jueves, 20 de mayo de 2010
"“ Orellos, cuncos e pantorras escaldas pra que non morras”"

As especies de Helvellas, Sarcosphaeira, Morchella e Mitrophora, se se consumen crúas ou pouco cociñadas provocan hemólise (rotura dos glóbulos vermellos) por cogomelos.
Xa era ben coñecida polas ribeiras do Sil. Curándose en saúde escaldaban estes cogomelos antes de preparalos e tiraban a primeira auga.
Un dito que a min me confirmou a cultura micolóxica do oriente ourensán:
Orellos, cuncos e pantorras, escaldas pra que non morras
Isto quere dicir que xa de antigo sabían que a primeira auga destes cogomelos se debía tirar, xa que en cru son tóxicos.
O nome popular en galego da Helvella monachela, Helvella sulcata e a Helvella crispa é “orellos”, da Sascosphaeira coronaria é “cuncos”, e das Morchelas é “pantorras”.
[Texto e foto achegados por Cristovo Ruíz Leivas]
BIBLIOGRAFÍA
RUÍZ LEIVAS, Cristovo / EIROA GARCÍA-GARAVAL, Juan A., Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos, Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2002, páx. 363-379
lunes, 17 de mayo de 2010
“Morrón no patacal a todo o pobo fai mal”
“Mildeu na viña, a todo o pobo deixa na ruína”
MILDÍU: Plasmopora vitícola. Fungo que se conserva durante o inverno na videira e que na primavera, en condicións de humidade e temperatura, reprodúcese.
Mildiu, Mildius, Mildium
Mildiu da parra, pataca, videira, roseira, pimento, tomate…
(Peronospora spp., Plasmopara spp., Bremia spp., etc.)
É unha enfermidade comun en multitude de plantas do horto e xardin.
Ao princípio son manchas no feixe das follas de cor verde claro, entón fan-se amarillentas e despois castaño. no envés observa-se un feltro ou pelusiña branco ou grisáceo (ás veces non se ve isto).
A follas atacadas chegan a secar-se por completo e caen

“Morrón no patacal a todo o pobo fai mal”
Morrón, Chasca. Queima, (mildeu)
Enfermidade provocada por fungos microscópicos que afecta ás partes verdes dos patacais.

jueves, 6 de mayo de 2010
martes, 4 de mayo de 2010
“Cando o home empina moito o cotovelo o remédio é este cogomelo”
domingo, 2 de mayo de 2010
sábado, 1 de mayo de 2010
“Chupín pequeno, fol de veneno”

“Chupín pequeno, fol de veneno”
Os choupíns pequenos, Lepiota Brunneoincarnata, son moi velenosos ou tóxicos. Semellan unha Macrolepiota Procera, pero en pequeno, sen sobrepasar os 8 cm. de altura. A súa carne vólvese roxiza ao cortala. A súa intoxicación provoca síntomas semellantes aos da Amanita phalloides.
Este fungo foi o causante de varias intoxicacións mortais; foran recollidos nuns xardíns públicos.
Hai que ter moito cuidado de non apañar nunca as especies de Lepiota de tamaño pequeno, das que, por certo, temos moitas en Galicia
“Choupín, choupiñeiro, dime ónde está o teu compañeiro”

“Choupín, choupiñeiro, dime ónde está o teu compañeiro”
O choupin é un cogomelo do xénero diferenciado na família Lepiotaceae Macrolepiota tendo como xustificación primordial o tamaño das especies nel comprendidas.
Os seus sombreiros (ou puchos) son escamados e mamelón central, con láminas de cores branquecinas e libres.
O pé, frecuentemente bulboso, con aneis dobres ou sinxelos que se desprazan e nalgúns casos desaparecen.
O tamaño dos cogomelos deste xénero levou a crer na media verdade de que todas son comestibles.
Se é certo que son excelentes comestibles a Macrolepiota proceira e Macrolepiota rhacodes, e tamén que as Lepiotas de pouco tamaño poden ser moi perigosas, mesmo mortais, pero non entran dentro das Macrolepiotas.
A máis pequena destas é a Macrolepiota Phaeodisca que acada os 11 cm. de diámetro e non é tóxica. Pero non todas son comestibles, hai variedades da citada Macrolepiota Rhacodes, a Veneneta e a Bohemica, que producen transtornos gastrointestinais severos.
O tamaño máis curto do pé e a forma das escamas do sombreiro diferéncianas da Macrolepiota Veneneta, case se forma unha única escama en forma de estrela, e na Macrolepiota bohemica, moito máis escasas e menos profundas que na Macrolepiota rhacodes.
A Macrolepiota procera (Choupin, Cogordo, Palotes, Zarrota, Monxo..., é o cogomelo que máis nomes ten en galego, supera os cincuenta ), é o fungo máis popular e a máis buscada en Valdeorras, en Trives e O Bolo. Cando se atopa un cántase en toda a Ribeira do Sil.
viernes, 30 de abril de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)