sábado, 24 de julio de 2010

VIII Semana Micoloxica Galega




Tortullo amarelo (Tricholoma equestre (L.: Fr.) Kumm.)

Tricholoma equestre (L.: Fr.) Kumm.


Observazóns:

O Tricholoma equestre se caracteriza pola cor amarela de pé e láminas, e polo sombreira de cor amarela oliváceo a pardo oliváceo que pode apresentar escamas de coloración mais moura., a carne despede olor agradabel, fariñosa. Este cogumelo teño consumido moitas veces en mais de 40 anos e consideraba excelente comestibel até que fai alguns anos se produciron casos dunha enfermidade chamada rabdomiolise, que pode ser mortal, asociados ao seu consumo. nestes momentos está considerada unha espécie tóxica.


Ecoloxia:

Aparece en outono, entre outubro e novembro, baixo piñeiros adultos de diversos tipos con preferéncia sobre chans silíceos.

Comestibilidade:

Suspeitosa ou descoñecida



A defenestrada Tricholoma equestre para min é como todo alimento, se comes con exceso algun sintoma perverso che vai provocar.

En corenta anos de xornadas micológicas foi unha da mais consumida e na que mais confianza ténia.

Agora xa esta na lista de Toxicas con mágoa e sen saber que opinar



Bibliografía:



Castro M & Justo A. & Lorenzo P & Soliño A. 2005. Guia Micolóxica dos ecosistemas Paxina 292
De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada. Pagina 303

Garcia-Echave Puente Mª Cristina,. 2009. GUIA DE SETAS DE BURELA Y A MARIÑA. Pagina 86
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas. Pagina 184

Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo -I- Pagina 429
Palazón F., 2001, Setas para todos

viernes, 23 de julio de 2010

Helvella crispa (Scop.: Fr.) Fr

Helvella crispa (Scop.: Fr.) Fr


Sombreiro constituído por unha mitra de forma irregular con 2 ou 3 lóbulos xirados cara o exterior, xéneralmente de xeito ensortixado, de cor blanquecino á crema mais ou marcada con dobladiño abrupto. O himenóforo na parte interior apresenta-se mais esbranquizado que a parte externa, que é lisa e ondulada.

Tallo cilíndrico, abultado cara a basee, intensamente asurcado, de cor blanquecino.

Carne de consisténcia elástica, cérea. sen olor e sabor.

Hábitat nos bosques de latífolios, pero tamén entre a erva.

Toxica. Até non fai moito tempo para min era comestibel, despois duns minutos de cocción, e tirando a primeira auga, despois xa as preparaba como se fosen lulas á romana, agora se atopou substáncia (giromitrina) somamente tóxica e ás veces tamén letais. Total que xa nen probá-la



Bibliografía:





De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada Pagina 125



Marcote J.M.C & Pose M & Traba J.M. Cogomelos de Galicia. Paxina 530



Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas Pagina 727



Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo – II Pagina 029

lunes, 19 de julio de 2010

Carallo de cans (Mutinus caninus)

Mutinus caninus


Carpóforo formado inícialmente por un receptáculo en forma de ovo branco e mol, de  un par de centímetros de diámetro. Ao abrir-se dá lugar a un pé acabado nun ápice de cor marcadamente vermello, pero envolvido pola gleba que é de cor esverdeada e de consisténcia mucilaginosa. Este ápice vermello posui numerosos buraquiños pequenos visíbeis con lupa por onde son expulsadas as esporas tras a madurazón das mesmas. Todo o conxunto magoas ten pouco mais de meio centímetro de ancho e non mais de 7 ou 8 de longo.

Pé longo de cor branca, que vai adoptando coa idade tonalidades anaranxadas ou amarillentas, ocas e moi fráxis. separabel dos restos do ovo que se adere a el como unha espécie de volva.

Carne pouco significativa que emana un olor desagradabel sen chegar ao hedor de outros cogumelos do seu grupo.

Hábitat:

Medra durante o outono, ás veces de forma gregaria, en zonas húmidas dos nosos bosques. Localizamo-lo sobre todo en O Castro de Valdeorras en moreas de restos de árbores dunha curta.


Bibliografía:

De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada Pagina 391

Garcia-Echave Mª Cristina, 2009, Guia de setas de Burela y A Mariña Paxina 168

Marcote J.M.C & Pose M & Traba J.M. Cogomelos de Galicia. Paxina 483

Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas Pagina 679

Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo – 1 Pagina 205

O SIL

Riada de O Sil, a seu paso por O Barco de Valdeorras el 25 02 2010



sábado, 17 de julio de 2010

Valdeorras

A PASARELA NOVA SOBRE O SIL
A Vila do Castro 22 02 2006
As Tres Marias 22 02 2006
Parada de autobuses 25_2_2006
Parque Infantil de Veigamuiños 25_02_2006

jueves, 15 de julio de 2010

Trompeta dos mortos (Craterellus cornucopioides (L.: Fr.) Pers).






Observazóns:
Espécie inconfundibel pola sua forma de trompeta oca ou funil e de cor negruzco, parte-a externa de cor cinza claro en tempo seco e negro en tempo húmido. Carne escasa, teimudo. Bon comestibel, apropiada para desecar como todos os Cantharellus. Pode-se confundir con C. cinereus pero este ten pregues mais marcados, é comestibel.
Ecoloxia:
Verán e outono en bosques de planifólios.
Sai en grupos moi numerosos.

Cantharellus cinereus

Bibliografía:

De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada Pagina 331
Gerrit J. Keizer, 2000, La enciclopedia de las setas Pagina 141
Iglesias P., 2002-2004, Setas del Parque Natural de Urkiola Vol. – 1 Pagina 78
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas Pagina 546
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo - 1 Pagina 268
Pacioni G., 1980, Guía de hongos Pagina  156
Palazón F., 2001, Setas para todos Pagina 170


Pseudocraterellus undulatus (Pers.: Fr.) Rauschert



Sinónimos:
Cantharellus kunthii Chevall.
Craterellus crispus (Bull.) Berk.
Craterellus floccosus Boud.
Craterellus floriformis (Schaeff.) Quél.
Craterellus pusillus Fr.
Pseudocraterellus
pertenuis (Skovst.) D.A. Reid
Pseudocraterellus sinuosus (Fr.) D.A. Reid



Bibliografía:
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las Setas  Pagina 547
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo III Pagina 124

Xornadas Micológicas Valdeorresas 1994

I Xornadas se Micoloxía en Vilariño de Conso

Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos



Cristovo Ruiz Leivas Juan-A. Eiroa García-Garabal


I Juan-A. Eiroa García-Garabal é autor unicamente deste primeiro apartado de introdución: o groso do traballo (apartado 2.) é da autoría de Cristovo Ruíz Leivas.

1. Introdución
En España hai dúas zonas claramente micófagas (ou comedoras de fungos) que corresponden xeograficamente a Cataluña e o País Vasco. O resto do territorio é claramente micófobo (gran medo ós fungos) con pequenas excepcións. Galicia atopábase nestes últimos, aínda que nos derradeiros anos isto está a cambiar.

Cando nos preguntamos por que ese medo ancestral no noso país galego, tentamos explicalo con hipóteses para as que non temos documentación: sería o medo por ver veciños morrer ou enfermar e isto orixinaría desprezo e falta de interese. Ou quizais unha prohibición relixiosa fose a causante. De calquera maneira, nos últimos anos Galicia incorporouse claramente á cultura dos fungos ou cogomelos e, de non querer saber nada, na actualidade parece existir un verdadeiro descubrimento non só no coñecemento por parte do pobo senón tamén por aqueles que se dedican a cociñalos, que son os verdadeiros beneficiados deste fenómeno. É a etnomicoloxía, termo acuñado por Gordon Wasson, banqueiro de New York dos anos cincuenta casado cunha dona rusa, ciencia que busca as raíces do uso de todo tipo de fungos nas distintas culturas, e que en Galicia nos proporciona poucos datos.
Se se revisan os diccionarios mais antigos (e eu mirei tódalas entradas da edición do Diccionario de diccionarios de Antón Santamarina na súa edición de 2001, que xunta 17 publicados con máis de 222. 000 entradas) non se atopan senón folla e media de termos que teñan relación con cogomelos e moitos deles repítense nun e noutro. Case non hai nomes galegos de setas. Non obstante, os nomes galegos de plantas, árbores, etc. ocupan moitas páxinas e non hai ningunha que escape á súa denominación no país, teña ou non interese para comer ou usar como cura tivo ou noutra cousa.
Preguntei por moitos lugares da Galicia do interior e case só saben dicir que coñecían os fungos como pan de sapo, pan de culebra ou de cobra, pan de raposo e cando un pregunta se os comen, prodúcelles un evidente asombro e algunha muller aínda se persigna. Se isto o facemos na Galicia da costa, aínda menos: alí si que non dirán nin res. Por outra parte desde que no último tercio do século XIX empezaron a introducirse os eucaliptos, que producen unha menor fructificación de fungos, aínda peor.
Unicamente na metade sur da provincia de Ourense ofrecen algúns datos e aquí xa se poden atopar nomes de cogomelos con distintas variantes. Non sei se nesta parte da nosa terra puido ter influencia a proximidade de Castela, onde, a pesar de ser tamén en gran parte micofóbica, xa exisúa desde antes do XVII inxestión de dous fungos claramente coñecidos. Un, que recollian nos páramos na primavera e no outono, a seta de cardo (Pleurotus eringiJ); e outra, que apañaban na primavera nos prados das montañas, sobre todo nas provincias de León, Palencia e Burgos, que é a seta de San Xurxo (Calocybe gambosa).

Ademais, debeu ter algunha influencia desde a Idade Media o Camiño de Santiago, pois era natural que os peregrinos que viñan a Compostela trouxeran coñecementos tamén no tema que nos ocupa. Non hai máis que ve-lo libro Viaggio in Ponente a S. Giacomo di Galitia, e Finis Terrae, per Francia, e Spagna (1673) de Domenico Laffi [ Publicou a traducción galega Leandro García Bugarín no libro de GARRIDO, Gustavo A (ed.): Aventureiros e CUl10S0S. Relatos de viaxeiros esttanxeiros por Galicia. Séculos xv-xx (Galaxia, Vigo 1994). Tamén hai traducción castelá de Clemente Crespo Caamaño (Viaje a poniente / Domenico Laffi Bolonés. Sildavia, Santiago de Compostela 1991)], que nos conta no século XVII como na provincia de Burgos, ó pasa-los Montes de Oca, e na de León preto de Sahagún, colle uns fungos que logo lle preparan no mesón onde dormen, e di deles que eran grandes coma boinas, e estaban moi saborosos.
É lóxico pensar que a xente, vendo que estes estranxeiros os comian, matinase en por que non os ían comer eles. Aínda que Laffi non di que collera cogomelos en Galicia, era presumible pola época na que veu que os collese como fixera en Castela.

Neste último ano dedicouse o Día das Letras Galegas ó frade Martín Sarmiento, que aínda que naceu en Vilafranca do Bierzo, viviu os seus anos mozos na provincia de Pontevedra. Nel tamén se atopan dúas referencias ós fungos, que fan destacar quizais a súa micofobia, ó mellor tamén obtida na nosa Galicia. Sobre unha carta que lle envía ó Duque de Medina Sidonia preguntándolle sobre duns fungos que saían moi abondosos no Escorial, dille"estoy firme en que jamás comeré hongos, setas y cáscaras de ajo, ni morilles [unha variedade de fungos que se chaman colmenillas] ni tampoco mousserones [é a seta de San Xurxo] aunque sean de primavera, aunque los guise Apicio el cocinero romano o Eschapi, el cocinero del Concilio de Trento."
Despois de todas estas consideracións, cando un atopa alguén que foi capaz de recoller refráns e nomes de fungos na comarca de Valdeorras, coa dificultade que isto ten en Galicia, é lóxico sentir unha gran ledicia, que é a que eu sinto hoxe ó escribir estas liñas a modo de prólogo da publicación desta achega que fai o meu bo amigo Cristovo, que doutra maneira se perderían.
Para terminar, e isto vai para aqueles que collen fungos para xantar ¡moito coidadiño! que a única maneira de coñecer se un fungo é bo ou non, é coñece-las súas características botánicas e, se non, preguntar a quen sabe un pouco disto, como son os membros das Asociacións micolóxicas, das que hoxe hai moitas por toda Galicia, e van conseguindo que se vaia perdendo o medo a estes marabillosos seres da natureza, hoxe incluídos nun reino aparte, o dos Fungi. Lembremos: tódolos fungos se poden xantar pero algúns unha vez nada máis.
2. Micoloxía do oriente ourensán. Valdeorras, Trives e O Bolo. 1982- 1994
Usarei as seguintes abreviaturas: na primeira columna Com (comestible) e ¿? (dubidosa); na segunda Tóx (tóxico), T (tóxico), M (mortal), ¿-? (dubidosa); X marca os cogomelos que, aínda sendo comestibles, poden ser perigosos ou que poden ser comestibles como ovos pero non cando xa están abertos; finalmente, na última columna, V (Valdeorras), T (Trives), B (O Bolo)
Com
Tóx
NOME CIENTÍFICO
NOME GALEGO
ZONA








Fungo
  • O amigo dos fungos, envita a comelos non a collelos.
  • Dun erro faise un enterro.
  • Recordar e saber hai que ter, se fungos queres comer.
  • Se fungos queres comer, prudencia e experiencia tes que ter.
  • Fungos que non has de coller, déixaos crecer.
  • Fungo bo, pronto deixa de selo.
  • Cando queiras comer fungos, acórdate dos difuntos.
  • O fungo que che mereza dúbida, rexeitalo sin atariñar.
  • Cos fungos, nin dudar nin acertar, o saber tenchos que aconsellar.
  • O peor do erro é o enterro.
  • Cando fales de fungos, fala dos malos e non terás pleitos cos aconsellados.
  • Falar pouco e mal, se de fungos tes que /falar.
  • Fungos regalados, con discreción tiralos.
  • Se queres morrer, a cegas fungos coller.
  • Non envites a fungos, a parentes nin
  • amigos.
  • Vale máis fungo perdido que comido.
  • Non lle des a gato a probar, o que a ti te pode envenenar.
  • Máis vale o medo que poño, que o conocemento que tes.
  • O que recolle sin sementar, de fungos hase fartar.
  • Fungo taniscado, o que o fixo non o conta por estar amortaxado.
  • Non hai fungo bon nin malo, todos os fixo Deus para o seu traballo.
  • Carcaxía fungos cría, o vento os arrepía.
  •  Non hai fungo ruín que non asemelle a un bon.
  • Fungo taniscado, xa rexeitado.
  • Cando encontra fungos, o máis amigo engana.
  • Non hai fungo malo, se sabes pra qué usalo.
  • Non aconselles de fungos no mes de difuntos.
  • Co fungo sanou ou estoupou, se non, antes o tirou.
  • Se queres o teu marido matar, dálle fungos a fartar.
  • A muller e o cugumelo, tu tes que escollelo.
  • O bon fungo o demo o leve e do malo se farte.
  • Cando o sete ira se abraña, algo apaña.
  • En tempo de fungos, os amigos non van ó monte xuntos.
  • Os fungos has de mirar e non sempre has acertar.
  • Inda non, xa pasou, contestáronlle ó que por fungos preguntou.
  • Duro é non ter que come,r pera fartarse de fungos, pra morrer.



Cogumelo
  • Veñan os cugumelos ó cesto, pero non mestos.
  • Comer o cugumelo con aprensión faiche dano aunque sexa bon
  • .Cogumelos murciados, xa rexeitados.
  • O que dá consellos de cugumelos, que os dea para non camelos.
  • Cugumelos calquera os atopa; os bos, o bon conocedor.
  • O que sabe buscar, cugumelos ha de atopar.
  • O que de cugumelos se farta, non lle ten medo á morte.
  • Os cugumelos moito hai que conocelos pracamelos.
  • Non lle preguntes de onde vén, se no cesto trae cugumelos ou mel
  • .Moito tes que saber para cugumelos comer.







Corro de bruxas
  • Redromeira, lar da meiga e da bruxa feiticeira.





Cravo da nogueira
  • Cravos da nogueira dan cagaleira; os dechoupo, boa xeira.





Fungo do engano
  • Fungo do engano, recórdano ó cabo do ano.





Mourón
  • A chuvia da semana da Ascensión cría no centeo mourón.





Ovo de bubela
  • De ovo de bubela a prato de feiticeira.





Ovo de pega
  • De ovo de pega a prato de meiga.





Pan do demo
  • Ó pan do demo e ó pan de broa non lle haique facer carantoñas.





Morrón
  • Morrón no patacal a todo o pobo fai mal.


Com

Agaricus arvensis
Bola de neve
VBT



Agaricus augustus
Bola de neve con lá




Agaricus bisporus
Champiñón


Com

Agaricus bitorquis
Cogumelo das rapadoiras
TB

Com

Agaricus campestris
Fungo dos lameiros
VBT



Agaricus macrosSporus
Bola de neve dentada


Com

Agaricus silvaticus
Bola de neve do bosque
T


T
Agaricus xanthoderma
Bola de neve mareleante
VBT

Com

Agrocybe aegerita
Cogumelo dos choupos
VBT

-
-
Agrocybe dura
Fungo xesta
T

Com

Albatrellus pescaprae
Pesuño
V

Com

Aleuria aurantia
Cunco anaranxado
VBT

Com

Amanita caesaria
Raíña
  • Raiña nacida ó pe dos camiños descobre a todos os seus veciños.
V

¿-?
¿-?
Amanita cetrina
Francesiña
VBT

Com
¿-?
Amanita crocea
Cacaforra sin anel
VT


T
Amanita gemmata
Cacaforra dourada
VBT


T
Amanita muscaria
Rebentabois. Brincabois. Atolamoscas
  • Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gando.
VBT


T
Amanita muscaria v. aureola
Rebentabois. Brincabois
T


M
Amanita pantherina
Cacaforra marxa
VBT


M
Amanita phalloides
Cacaforra da morte
  • Unha cacaforra no cesto fae perder o resto
  • .Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a hora.
  • Cacaforra comida, nin herba nin manciña
VBT


M
Amanita phalloides var. blanca
Cacaforra branca
V



Amanita rubescens
Cacaforra viñosa



M
Amanita verna
Cacaforra branca
T

Com
¿-?
Armillariella mellia
Palote da madeira
VBT

--
--
Astraeus hygrometricus
Estrela do tempo. Estrela nubeira
VBT

--
--
Auricularia mesenterica
Baxola
VBT

--
--
Auriscalpium vulgare
Irto das piñas
VT

--
--
Bjerkandera adusta
Orellón das cascas
VBT

Com

Boletus aerius
Madeirudo.Cogordo.Andoa.Andoa castaña
  • Setembro mollado, cogordo no castaño.
  • Cogordo do carballiño, canto máis zoncho, máis fino.
VBT

Com

Boletus appendiculatus
Madeirudo. Esqueiro. Bolouro
VBT

Com

Boletus edules
Madeirudo. Cogordo. Andoa. Alboxo
VBT

Com
¿-?
Boletus erythopus
Madeirudo de pé vermello. Andoa roxa
VBT



Boletus junquilleus
Madeirudo das sobreiras


Com
¿-?
Boletus luridus
Madeirudo das sogras
VBT

Com

Boletus pinophilus
Madeirudo
  • Polo souto a modiño allear, se madeirudosqueres atopar.
  • Fungo repoludo, ou cogordo ou madeirudo.
VBT

Com
¿-?
Boletus queletti
Madeirudo das sogras
BT

Com

Boletus regius
Madeirudo
T

Com

Boletus reticulatus
Madeirudo do vran. Cogordo. Pachán
VBT

--
--
Boletus strobilaceus
Andoa peluda
T

Com
¿-?
Boletus versicolor
Madeirudo. Cogordo
B

Com
¿-?
Bovista plumbea
Fungo do sapo. Peido de lobo
VBT

--
--
Calocera cornea
Corno das cachopas
VBT



Calocera viscosa
Corno das cachopas


Com

Calvatia excipuliformis
Falopo dos curandeiros
V

Com

Calvatia utriformis
Fungato. Falopo dos curandeiros. Pan queixo
  • Pingoles, pingoles está pingando; fungoles, fungoles está fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba.Esta é unha adiviña de nunca acabar, porque, se un responde que é a pinga de auga que cae nun fungo (Calvatia, Lycoperdon, Geastrum ou outros) e que provoca que este ceibe as esporas, que é a resposta correcta, o interlocutor pode dicir que non; e, se outro di que é o ourizo da castaña que lle cae enriba ó xabarín, tamén pode dicir que non; e, se di que é a pinga de graxa de cura-los chorizos que lle cae enriba ó gato, aínda pode esixir máis respostas alternativas.
VBT

Com

Camarophyllus niveos
Pan de aligacha
BT

Com

Cantharellus cibarius
Cacafina. Cacaviña. Pandecabra. Pan chica. Perrachica. Carne de pita
  • A cabra cega, as cacafinas come primeira.
  • A boa cacafina ata a cabra cega a encontra.
  • As cacafinas que comen as cabras, recollelas ás agachadas.
VBT

Com

Cantharellus cinereus
Cacafina. Panchica
  • Se ques ter bandullo de preñada, come panchica e castaña.
  • Panchicas e pan quente fan doer o ventre.
  • A castaña e a panchica fan estoupar a tripa.
VBT

Com

Cantharellus lutescens
Pan chica. Trompeta amarela
VBT

Com

Cantharellus tubaeformis
Pan chica. Trompeta con pregues
VBT



Chalciporus viviratus
Madeirudo fel
VBT

--
--
Chelvmenia fimicola
Pencadas da bosta
VBT



Chlorophyllum molybdites
Choupín verdoso


Com

Chrogomphus rutilus
Choupín babuxa
VBT

Com
¿-?
Clathrus ruber
Ovo das meigas
VBT

-
-
Clavaria fumosa
Encrestada
VBT



Clavariadelphus ligula
Moca




Clavariadelphus pistillaris
Moca. Xardolo


Com
¿-?
Clavariadelphus trucatus
Moca. Mazola. Xardolo
VBT

-
-
Clavulina cineria
Ciru cinsu
VBT

Com

Clavulina rugosa
Ciro
VBT



Clitocybe alexandri
Fungo con coroa


-
-
Clitocybe clavives
Cravo dos piñeiros
T

Com

Clitocybe geotropa
Fungo funil Fungo fonil, nin pra ti nin pra min.
VBT

Com

Clitocybe maxima
Fune:o funil. Pomba
VBT



Clitocybe nebularis
Aborrallado


Com

Clitocybe odora
Chorume. Choupín fiollo
VBT

Com

Clitopilos prunulus
Fariñeira
VT

-
-
Collybia fusives
Fuso dos castiñeiros
VBT

Com
¿-?
Coprinus atramentarius
Fungo das sogras. Fungo das meigas.
VBT

Com

Coprinus comatus
Pucho de meie:as. Piocán. Matacandil
VBT

-
-
Coprinus disseminatus
Panligacha
VBT

-
-
Coprinus domesticus
Fungo dos pendellos
VBT

-
-
Coprinus micaceus
Pucho das cañotas
VBT

-
-
Coprinus phlyctidosporus
Pucho
T

-
-
Coprinus picaceus
Pucho de pega. Prato de meiga. Pega
VBT

-
-
Coprobia granulata
Penca da bosta. Lentella do esterco
VBT



Cortinarius praestans
Pel de castaña


Com

Cratarellus cornucopioides
Trompeta dos mortos
VBT

-
-
Crepidotus mollis
Niñal. Oveiro. Dedaleira
VBT

-
-
Crevidotus variabilis
Roseta dos e:uizos
VBT

-
-
Crucibulum laeve
Niñal. Oveiro. Escriño
VBT

-
-
Cvathus olla
Niñal. Oveiro. Dedaleira
VBT

-
-
Cvathus striatus
Oveiro. Dedil
VBT



Daedalea Quercina
Fune:o lebirinto
VT



Daldinia concentrica
Ril
V

-
-
Diatrvve disciformis
Penca da faia
T

Com

Discina perlata
Cunco
VT

-
-
Entoloma incanum
Pe averdecado
VBT


M
Entoloma lividum
Enganosa
V

Com

Fistulina hepatica
Fígado. Lingua de boi. Asadura.
  • Este é un dos cogomelos que se comía e come en cru. Os cazadores, pastores e os desaparecidos carboeiros mondábana ecomíana en anacos pequenos e ben masticados cando tiñan sede.
  • Cando as caracochas empezan a pingar, os figados podes atopar. Cando os castiñeiros vellos dan as súas primeiras castañas é fácil atopar estes cogomelos.
VBT

-
-
Fames fomentarias
Caripocha. Esca
VBT

-
-
Fomitopsis pinicula
Caripocha dos piñeiros
VT

-
-
Fuligo cinario
Moco dos cascarolos. Mucus das coscas
VBT

-
-
Fuligo septico
Ovas de sapo
V



Fuserium sp (Choremia)
Choremia


-
-
Ganoderma applanatum
Caripocha. Esca
VBT

-
-
Ganoderma lucidum
Paipa
VBT

-
-
Geastrum campestre
Estreliña
VBT

-
-
Geastrum nanum
Estreliña. Estrela zanicouca
V

-
-
Geastrum pectinatun
Estreliña. Estrela con pescozo
T

-
-
Geastrum quadrifidum
Estreliña catro pés


-
-
Geastrum striatum
Estreliña
VBT

-
-
Geastrum triplex
Estrela babeiro


Com

Gomphidios maculatus
Choupín dos felgos
VBT

-
-
Gymnopilos svectabilis
Fungo mergurento dos tacóns
VBT

Com
X
Gvromitra esculenta
Bonete
T

Com

Gyroporus cvanescens
Andoa azul
VT



Hapalopilus nidulans
Bosta dos ramallos.


Com
X
Helvella acetabulum
Cunco alorzo
V



Helvella costifera.
Cunco con costelas.


Com
X
He/vella crisva
Orellón do inverno. Orella de gato
VBT

-
-
Helvella fusco
Orellón (pI. orellós)
  • Orellós, cuncas e patorras, escáldaos pra que non morras. Isto quere dicir que xa se sabe de antigo que hai que tira-la primeira auga destes cogomelos, xa que en cru son tóxicos.
V

Com
X
Helvella lacunosa
Orellón do outono. Orellón mouro
VBT

Com
X
Helvella monachela
Orellón da raña.Puchos dos frades. Orelleiro
  • Abeiro con abidueiras enchen o canastral de orelleiros.
VBT

-
-
Helvella queletii
Orellón das caleiras
V



Helvella sulcata
Orellón.




Hydnum repandum
Lingua




Hydnum rufescens
Lingua marela




Hygrophorosis aurentiaca
Falsa cacafina. Falsa cacaviña
VBT

Com

Hygrophorus limacinus
Limago
VBT

-
-
Inonotus dryadeus
Chancro dos carballos
VTB

-
T
Inonotus hispidus
Chancro das mazaeras/pumaregas
VTB

Com

Krombholziella negrescens
Madeirudo dos coores
VT



Krombholziella scabra
Ala de mosca
VTB

Com

Kuehneromyces mutabilis
Pucho dos umeiros
VT

-
-
Lactarius aurentiacus
Latouro
VTB

-
-
Lactarius chrysorrheus
Latouro
VTB

-
-
Lactarius cistophilus
Leitarego do xaral. Leitarego das estevas
V

?
X
Lactarius contraversus
Leitarego dos choupos
VTB

Com

Lactarius deliciosus
Fungo da muña. Carneira. Latouro.
  • Cásate con il, se che deixa o anel. Este cogomelo córtase polo pé e o corte debete-la forma dun anel. Se se coloca sobre aman este corte deixa o seu lac tes , un anelmarcado, sinal este de que é un lactarius deliciosus comestible.
  • En tempo e no mesmo lugar, fungos damuña has atopar.
  • Á beira do pino, o fungo da muña é veciño.
  • O que fungos da muña quere encontrar, cedo no piñeiro estará, pasiño a pasiño pisará e despaciño olleará.
  • Sombra de lateiro, fungos da muña no abeiro.É un acerto, pois á sombra de todo piñeiro novo é fácil atopa-lo devandito cogomelo. O curioso é que actualmente case ninguén usa en galego o termo"lateiro" . Candose consomen estes lactarius deliciosus a micción soe tomar unha cor avermellada, sinal de que os riles funcionan ben.
  • Ollo á mexada, se fungos da muña van na empanada. Dise por Valdeorras, curándose en saúde e para que ninguén se asuste ó ve-los ouriños.
VTB



Lactarius fuliginosus
Latouro


-
-
Lactarius piperatus
Pimenteiro
VTB

-
-
Lactarius Quietus
Leitarego
VTB

Com

Lactarius salmomicolor
Carneira
T

Com

Lactarius samguifluis
Carneira
T



Lactarius subsericatus
Latouro



T
Lactarius torminosus
Falsa carneira
VTB

-
-
Lactarius villerreus
Leitarego
T


T
Lactatius blumii
Falso nízcaro. Falsa carneira
VTB



Laetipotus sulphureus
Carne de pita


Com

Langermannia gigantea
Bomba
T

Com

Lentinellus cochleatus
Ostra anisada
T

-
-
Leocorpus fragilis
Ovo de sapo
VTB

-
-
Leotia lubrica
Limáchega. Lesma
VTB

¿?
?
Lepiota acutesquamosa
Choupín fedento
VTB


M
Lepiota brunnio-incarnata
Fol de veleno
  • Choupín pequeno, fol de veneno.
VT

-
-
Lepiota clvpeolaria
Pé azul. Nazarena.
T



Leviota gracilenta
Choupín lampizo


Com
¿-?
Lepiota ignivolvata
Choupín de montaña
VT

Com

Levista inversa
Funil das carballeiras
VTB

Com

Lepista luscina
Funil manchado
T

Com

Levista nubulares
Aborrallado
VTB

Com

Lepista nuda
Pé azul. Nazarena
VTB

-
-
Licogala evidendrom
Verruguenta
VTB

Com
X
Leucoagaricus pudicus
Choupín branco. Campocha
VTB

Com

Leucopaxillus candidus
Funil dos lameiros
T

Com
X
Lvcoperdon foetidun
Fungo do sapo. Bufo de vella
VTB

-
-
Lycoperdon mammiforme
Fungacho. Peido de lobo.
  • Meniño encetado, auga da fonte e po deveido de lobo.
VTB

Com
X
Lvcoperdon molle
Fungo dos manciñeiros. Fungo do sapo
VTB

Com
X
Lvcoverdon verlatum
Peido de lobo. Fungacho
VTB

Com

Lvophvllum decastes
Tortullo apiñado
VT

Com

Macrolepiota mostoidea
Frade. Matacandís. Puchodosapo. Cogordo. Toupela.
  • Frade esmoleiro xa dixo misa e recorreutodo o sendeiro.
  • O frade non dixo misa.
VTB

Com

Macrolepiota excoriota
Calaza. Cerrota. Coco melo. Cachote
VTB

Com

Macrolepiota konradii
Choupiño lampo.Toupela. Cachote. Matacandís. Zarrota. Roco.
  • Zarrota zarroteira, dime onde está a túa compañeira.
  • Zarrota zarroteira, en que mollas están as túas compañeiras.
VTB

Com

Macrolepiota procera
Monxo. Frade. Roco. Palote. Choupín. Cogordo. Toupela. Zarrota.
  • É o fungo que máis nomes ten en galego (máis de cincuenta). É o cogomelo máis popular e máis buscado tanto en Valdeorras coma en Trives e no Bolo. Cando alguén o atopa canta: Choupín choupiñeiro, dime onde está o teu compañeiro ou Zarrota zarroteira, dime ónde está a túa compañeira. Taboada Chivite dá a seguinte variante: Choupin, choupiñeiro, onde eslá leu compañeiro? E explica que cogordón, choupin, couqueiro son "Selas que aparecen junlas H. (TABOADA CHIVITE, Xesús (2000): "Refraneiro galego" en Cadernos de Fraseoloxia Galega 2,2000,28).
  • Os palotes do rebusco teñen dobre gusto. Este dito refírese a que uns días despois das vendimas se permitía que quen quixera fose rebuscar as uvas que quedaban nas viñas e se, ademais das uvas, atopaban palotes as atisfacción era dobre.
  • Chourizos a espeto, choupís na tixola, viño no cubeto e pan de broa fan amigos a todas horas.
  • O que atopa un choupín, rebusca para encontrar outro.
  • Choupín, choupiñeiro, di do teu compañeiro; que che dou unha cadela pra que merques un sombreiro.
  • Choupín, choupiñeiro dime donde está o teu compañeiro.
VTB

Com

Macrolepiota rhacodes
Calaza. Cocomelo. Choupiño. Rouquiño. Choupín torgallo
  • Choupín torgallo, á tixola con beluga e allo. Esta é unha das moitas formas de preparalos.
VTB



Macrolepiota venenata
Choupín.
  • A macrolepiota venenata é coñecida por Santigoso, Soulecín e Vales, aínda que é escasa xa que non sae tódolos anos. Xa polo 1953 dicían: Sete nun pé, choupín malo é.



T
Marasmius collinus
Falsa sendeiriña
VT

Com

Marasmius oreades
Sendeiriña. Cacavainas
  • As sendeiriñas son pequeniñas pero enchen
  • o cesto axiña.
VTB

-
-
Marivilus giganteus
Caripocha xigante. Alborelle xigante
VT

-
-
Melestiza miniata
Lentella das conetas
V

Com

Mitrophora hydrida
Pontorra dedil
V



Morchella conica var. Costata
Pantorra. Fungo da coresma




Morchella conica var. deliciosa
Pantorra. Fungo da corresma




Morchella conica var. distans
Pantorra de pé longo


Com
X
Morchella deliciosa
Pantorra. Seta do coresma. Cagarría
VTB



Morchella deliciosa var. valdeorensis
Pantorra
  • As pantorras sonche de Valdeorras.
  • Con pantorras e pantrigo, o pastor quita a fame e o arrepío.
  • Sol e auga de abril, pantorra e caracol hanche sair.
V



Morchella hortensis
Pantorra pelexa


Com
X
Morchella rotunda
Pantorra. Seta da coresma. Cagarría
T



Morchella valdeorrens is
Pantorra. Seta da coresma. Cagarría


-
-
Mvcena sevnii
Pucho das piñas
VTB



Omvhalotus olearius.
Cogumelo vacalume




Panaeolus papilionaceus
Choupís dos cagallóns


-
-
Panaeolus semiovata
Choupís dos cae:allóns
VTB

-
-
Panaeolus sfhinctrinus
Choupín da bula
VTB



Panaeolus subbalteatus.
Cogumelo dos esterqueiros


-
-
Panus rudis
Chapeo de pana. Alborelle coiracho
VTB

-
-
Paxillus atrotomentosus
Alborelle de polainas
VTB


M
Paxillus involutus
Orellagacha dos castiñeiros
VTB

Com
X
Paxina acetabulum
Cunco
V

-
-
Paxina leucomelas
Alferga
VT

Com

Peckiella lateritia
Carneira caleada. Caleada
VTB

Com
¿-?
Pez iza badia
Cunco
VTB

Com
¿-?
Peziza badioconfusa
Cunco
T

-
-
Pez iza praetervisa
Cunco das rozas
VTB

-
-
Peziza revanda
Cunco das corredoiras
VTB

-
-
Pez iza varia
Cunco
V

-
-
Phaeolus schweinitzii
Alborelle fonxe
VTB

Com
¿-?
Phallus hadriani
Carallo de ovos rosas
VTB

Com
¿-?
Phallus impudicus
Carallo
  • Que carallo é, que fede que alcatrea.
VTB

-
-
Phelledon niger
Lingua
T



Phellinus negricans
Alborelle das carballeiras. Carrocha
  • Bencedeira con carrocha,en San Xuan trasnoita.
V,TB

-
-
Pholiota aurivella
Fungo das choupeiras
VT

-
-
Pholiota destruens
Alborelle
VT

-
-
Piptoporus betulinus
Cipocha dos bidueiros. Bido de San Xoán
VTB

Com
¿-?
Pisolithus arhizus
Patacas das meie:as
VTB

Com

Pleurotus ostreatus
Ostras dos negrillos. Alborelle
VT

Com
¿-?
Pleurotus ostreatus v. Colubinus
Ostra
VT

-
-
Plutius atromarginatus
Alborelle dos piñeiros
V



Psilocybe semilanceata.
Fungo do demo.


-
-
Pyromema domesticum
Costrado das queimas
VTB

-
-
Resuvintcus silvanus
Roseta
VTB

-
-
Rhodotus palmatus
Alborelle visgo. Visgo dos negrillos
V

Com

Rhozovogon roseolos
Feixo
VTB

Com

Russula aurata
Netorra raíña
V

Com

Russula cvanoxanta
Netorra das carballeiras
VTB

Com
i.- ?
Russula delica
Netorra terrosa dos soutos
VTB


T
Russula emetica
Netorra proer
VTB

-
-
Russula nigricans
Netorra moura
VT

-
-
Russula sanguinia
Netorra sane:ue
VTB

-
-
Russula sorodia
Netorra
  • Netorra do carballo, por ela o crego perdeo rosario.
  • Netorra acelme, que non cha coma o verme.
  • Os cregos e as lesmas das netorras fan festas.
  • Tremer, netorras: aí vos vén a negrura deles mas e curas.
VT

Com

Russula virescens
Netorra dos cregos
VTB

-
-
Rutstroemia echinophila
Alborello dos ourizos
VTB

-
-
Sarcodon colosseum
Lingua xigante
T

Com
i.- ?
Sarcodon imbricatus
Lingua de boi mouro
VTB

-
-
Sarcodon scabrosus
Lingua marela
T

Com
¿-?
Sarcoscypha coccinea
Fror dos garabullos
VTB



Sarcosphaera coronaria
Cunco


Com
M
Sarcosphaera crassa
Cunco estrelado
V

-
-
Schizophyllum commune
Rosetas
VTB

-
-
Scleroderma citrinum
Feixo do demo
VTB

-
-
Scleroderma polyrhizum
Fungacho dos curandeiros
VTB

-
-
Scleroderma verrucosum
Baloca das meigas
VTB

Com

Sparassis crispa
Colifrol do monte
T

-
-
Sphaerobolus stellatus
Estralique das pinas
VTB

-
-
Strobilomyces strobilaceos
Madeirudo pina. Andoa peluda
T

-
-
Stropharia semiglobata
Ovos dos cagallos
VTB

Com

Suillus bellinii
Madeirudo da muña
VTB

Com

Suillus bovinus
Andoa miúda
VTB

Com

Suillus collinitus
Madeirudo amarelo
VTB

-
-
Suillus flavidus
Madeirudo de anel
T

Com

Suillus granulatus
Andoa de e:raos
VT

Com

Suillus luteus
Madeirudo con anel
VT

-
-
Thelephora terrestris
Roseta da terra
VTB

-
-
Trametes gibbosa
Alborelle
VTB

-
-
Trametes hirsuta
Alborelle peluda
VTB

-
-
Trametes versicolor
Alborelle de cores
VTB

-
-
Tremella mesenterica
Merexos das ramalleiras
VTB

-
-
Tricholoma albobrunneum
Tortullo
  • Tortullo xabrón non é bon.
  • Tortullo, nin pola boca nin polo cu.
VT

Com
-
Tricholoma auratum
Tortullo dos cabaleiros
TB

Com
-
Tricholoma columbetta
Tortullo branco
VTB

Com
-
Tricholoma equestre
Tortullo dos cabaleiros
VTB

Com
-
Tricholoma orirubens
Tortullo xaspeado
V

Com
-
Tricholoma sulphureum
Enxofre. Tortullo fedento
VTB

Com
-
Tricholoma terreum
Pel de rato
VTB



Tricholoma ustaloides.
Tortullo


-
-
Tricholoma viridifucatum
Tortullo dos érbedos
V

-
-
Tricholomopsis rutilans
Alborelle
VTB

-
-
Tylopilos felleus
Madeirudo fel. Cogordo margurento
TB

Com
-
Volvariella bombycina
Ovo das meigas
VTB

-
-
Volvaiella volvacea
Cacaforra dos lindeiros
VTB

Com
-
Xerocomus badius
Madeirudo Castaño
TB

-
-
Xylaria hypoxylon
Mans en pena
VTB