Mostrando entradas con la etiqueta Lactarius. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lactarius. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de junio de 2010

Fungo dá Muña (Lactarius deliciosus)







Fungo dá Muña (Lactarius deliciosus)

Fungo dá Muña, nomee científico Lactarius deliciosus, é un fungo basidiomiceto comestibel, da família Russulaceae. É moi comun nos piñeiras de Valdeorras.
O seu pé é ahuecado e curto, de cor anaranxado e manchas da mesma tonalidade, pero de maior intensidade. O sombreira acostuma abalar entre os 4 e 16 cm. de diámetro e a sua cor anaranxado ve-se modificado por círculos concéntricos de tons rojizos. Na sua mocidade o sombreira atopa-se enrodelado polos seus bordes e conforme envellece se aplana para evoluir a forma de funíl.(1) As láminas son da mesma cor, apertadas, finas e recorrentes.
A sua carne é mesta e compacta, con olor suave e dulzón. Ao corte desprende un látex de cor laranxa. Oxida-se , adquirindo unha cor esverdeada cardeniño cando envellece ou ao pasar algunhas horas da sua recolleita.
Hábitat:
Vive formando micorrizas con diversas coníferas, espécialmente do xénero Pinus.
Se pode confudir co falso Fungo da Muña (Lactarius torminosus), tamén co comestibel e moi apreciado Lactarius sanguifluus (sombreira de cor mas apagada e látex cor rojizo).
(1) FUNGO FUNIL, NIN PA TI NIN PA MIN
Os ditos e refráns do cogomelo Lactarius deliciosus, e doutros da mesma família, aínda que poucos son moi chamativos e com moita retranca.
"Sombra de lateiro, fungos da muña no abeiro".
É un acerto, pois á sombra de todo piñeiro novo é fácil atopar este cogomelo. O curioso é que agora en galego "lateiro" case ninguén o usa.
Por Valdeorras, curándose en saúde e para que non te aterrezas ao ver a mexada xa se di:
"Ollo á mexada, si fungos da muña, van na empanada"
Cando se consuman os Lactarius deliciosus a micción acostuma tomar unha cor roxiza, sinal de que os riless están ben.
Dise do Fungo da muña
"Cásate con il, sí che deixa o anel"
Se só ollas por encima o sombreiro, podes meter no cesto un Lactarius tóxico. Fixándose nas láminas xa ves grandes diferenzas, e se lle cortas o pé e a cor do lactes queda marcada na túa man xa é unha garantía de que tes un bon cogomelo comestible, pois déixache un anel cor ladrillo marcado na pel.
[Texto e foto achegados por Cristovo Ruíz Leivas]
BIBLIOGRAFÍA:
RUÍZ LEIVAS, Cristovo / EIROA GARCÍA-GARAVAL, Juan A., Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos, Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2002, páx. 363-379.

lunes, 14 de junio de 2010

Lactarius deliciosus (L.: Fr.) S.F.Gray





Lactarius deliciosus (L.: Fr.) S.F.Gray

Observacions:
Unha das espécies comestibeis mais coñecidas e buscadas que se distingue polo seu sombreiro zoado de cor anaranxado vivo e porque exuda ao corte un látex de cor laranxa en princípio imudábel, mais tarde esverdeado por oxidazón. É confundida habitualmente con espécies cercanas como o Lactarius quieticolor de menor calidade gastronómica. Mais cuidado hai que ter de non confundí-la co Lactarius torminosus, tóxico e exclusivo de vidoeiras.
Ecoloxia:
Aparece somente en bosques de diversas espécies de piñeiro, a finais de verán e en outono, forma grupos mais ou menos numerosos e é comun por Valdeorras, Trives e Ó Bolo..


Bibliografía:
De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada. Pagina _241
Frutos Isidro & Romero Manuel 2007, Setas de la Serena. Pagina 178
Garcia-Echave Mª Cristina, 2009, Guia de setas de Burela y A Mariña Pagina 126
Iglesias P., 2002-2004, Setas del Parque Natural de Urkiola Vol. - 1 Pagina _101
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas Pagina _516
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo I Pagina _341
Palazón F., 2001, Setas para todos Pagina _556