Mostrando entradas con la etiqueta Stropharia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Stropharia. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de agosto de 2010

Stropharia aurantiaca

Observazóns:
Bela espécie de Stropharia que se distingue pola bonita cor vermello do sombreiro con escamas brancas no borde, láminas de gris claro nos exemplares xovens a gris violáceo nos adultos, pé blanquecino algo escamosa na metade inferior e con tons rojizos na base, anelo cortiniforme pouco marcado.
Ecoloxia:
Sobre todo en outono ainda que a teño atopado en primavera a beiras do Sil , aparece despois de chúvias copiosas en lugares ricos en humo, bordes de camiños ou entre ortigas, solitária ou formando grupos

Gerrit J. Keizer, 2000, La enciclopedia de las setas Pagina
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo - 1

Stropharia aeruginosa

Non é difícil a identificación deste estraño cogumelo, de cor verde-lagarto, a Stropharia aeruginosa a podemos atopar en Xaguaza, Rubiá e Trives, aunqu donde mais encontrei foi en Vilariño de Conso, lugares onde foi atopada, pola presenza de folerpas brancas na marxe do sombreira e a decoración escamada da parte do pé situada por embaixo do anelo é único. Ademais, a superfície do sombreira está sempre cubrida por unha espécie de cortina mucilaginosa que se esvaece, deixando-a lisa e brillante. O sombreira, inícialmente apresenta-se con forma acampanada para despois abrir-se mantendo no centro a prominencia característica. A cor, nos exemplares xovens é verde-azul; cando a glutina desaparece tende a voltar-se amarillento ou amarelo-ocre. Ten na marxe restos brancos de veu. As laminiñas, inícialmente claras, voltan-se, mais tarde, de cor castaño-púrpura mantendo o borde branco. Son abondo apertadas, aderidas ou lixeiramente decurrentes ao pé. O pé, cilíndrico, verde-esbranquizado, ten un anelo; por embaixo do cual está decorado por escamas brancas que se aclaran coa idade. A carne, branca, non moi compacta, despede un característico olor a ravo. 
É unha especia que din que é comestibel, ainda que nunca puden atopar algun micofago que a probase, isto me indica que a sua escasez e beleza se ten que pór na lista vermella de cogumelos a protexer.


Bibliografía:



De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada
Frutos Isidro & Romero Manuel 2007, Setas de la Serena. Pagina
García-Echave
Mª Cristina, 2009, Guía de setas de Burela y A Mariña
 
Gerrit J. Keizer, 2000, La Enciclopedia de las setas, Pagina
Lotina Benguria R., 1972, Las Setas Comestibles de Europa.
P. Iglesias, 2002-2004, Setas del Parque Natural de Urkiola Vol... I, Pagina 
Marcote J.M.C & Pose M & Traba J.M. Cogomelos de Galicia.
Pagina 332
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas. Pagina 400
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la Naturaleza Tomo – I –Pagina 415
Minguez R. &  Minguez A. 2010. Nove Ducias de cogomelos de Ourense Paxina 114
Palazón F., 2001, Setas PARA TODOS Pagina 492
Sánchez J. A. & García A. Atlas de los hongos de Castilla y León Pagina 359
S.C.M., 1982-2003, Bolets de Catalunya (Láminas)