Mostrando entradas con la etiqueta Refrans. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Refrans. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de abril de 2010

"Cando fales dos cogomelos, fala dos malos e non terás pleitos cos aconsellados"






Cando fales dos cogomelos, fala dos malos e non terás pleitos cos aconsellados

Sinceramente, é máis acertado e dá mellores resultados comentar os perigos que os cogomelos teñen; os velenosos, que son poucos, e algúns máis que hai tóxicos.
Curarse en saúde é bo para evitar que unha mala identificación provoque algún fallo.
Bola de neve mareleante (Agaricus xanthoderma) e as súas variedades son os causantes da maioría de pequenas intoxicacións. Este cogomelo, se se coñece ben, dá moita información para poder consumir vários Agaricus comestibles.
Primeiro debemos coñecer os tóxicos. A resposta á pregunta: Cómese? ten unha boa resposta
—Todo cogomelo se pode comer: algúns só unha vez.
É certo que atopar hoxe Agaricus comestibles, que cumpran a seguranza de que están libres de metais é un grande risco; á venda si que os podemos atopar dunha calidade máxima e garantidos por produtores de garantía.
Fungo enganoso (Entoloma sinuatum = lividum). Tóxico.
Pódese confundir con algunhas especies comestibles como o Calocybe gambosa, Clitocybe nebulares. É unha especie de tamaño grande, de cores claras, medra gregario, non cespitoso como outros Entolomas que se lle asemellan. Ten como característica diferencial máis evidente nas laminiñas, que cando matura adquire unha cor salmón á superporse á cor rosete das esporas (trátase dun cogumelo con esporas rosetes) ao amarelo proprio.
Outros Entoloma teñen as laminiñas branco-grisáceas. O sombreiro pasa de convexo cando abre e apresenta, case sempre, unha prominencia central moi obtusa. Non é higrófano. A marxe é subtil e a cutícula separable. A superfície, de cor moi clara, abondo variable do case branco ao castaño claro ou amarelento, ás veces con reflectidos grisvioláceos, é seca, lisa e brillante debido á presenza de fibriñas.
As laminiñas, non moi apretadas, son abondo estreitas, atenuadas no pé, amarelas pero de cor rosa salmón característico cando as esporas están maturas. O pé, cilíndrico ou lixeiramente ensanchado, é blancuzco, brillante pola existéncia de fibriñas e, na base, branco pola presenza de pelos. É oco nos exemplares adultos. A carne é dun branco brillante con forte olor a fariña e sabor agradable.
Medra de outubro a decembro só nos bosques de caducifolias, sobre todo entre carballos e castañeiros, que teñen chans arxilosos e calcáreos. Pode presentarse en grandes filas, tamén en círculos, pero sempre gregaria. En Valdeorras apreséntase frecuentemente nos outonos chuviosos en varias sítios: Xagoaza, O Castro e Rubiá. É unha especie moi perigosa que pode provocar envelenamentos graves. Semella posuír toxinas que producen envelenamentos tanto a longo como a curto prazo. Unha rápida intervención aos primeiros signos da intoxicación evita o efecto dos síntomas de envelenamento tardío que, como se sabe, sería máis grave. Sen embargo, houbo casos de envelenamento mortal por este cogomelo que, probablemente, for

“Cando as caracochas empezan a pingar, os fígados podes atopar “





“Cando as caracochas empezan a pingar, os fígados podes atopar “
Fistulina hepatica (Schaeff.) With.
SININIMOS:
Agarico-carnis lingua-bovis Paulet
Boletus buglossum Retz
Boletus bulliardii J.F. Gmel
Boletus hepaticus Schaeff.
Boletus hepaticus Vent.
Ceriomyces hepaticus Sacc.
Confistulina hepatica (Sacc.) Stalpers
Fistulina buglossum (Retz.)
Fistulina endoxantha Speg
Fistulina hepatica var. endoxantha (Speg.) J.E. Wright
Fistulina sarcoides St.-Amans
Hypodrys hepaticus (Schaeff.) Pers.
Hypodrys hepaticus (Schaeff.) Pers. var. hepaticuS
Ptychogaster hepaticus (Sacc.) Lloyd

Nomes galegos: Fígado, Lingua de boi, Asadura (Fistulina hepática).
Este é un dos cogomelos que se comía, e come, en cru. Os cazadores, pastores e os desaparecidos carboeiros mondábana e comíana en anacos pequenos e ben mastigados cando tiñan sede.
Cando os castiñeiros vellos dan as súas primeiras castañas é fácil atopar estes cogomelos.
Tamén nos carballos se dan estes cogomelos; se se fan encebolados moita xente compáraos co fígado de porco con cebola

“Dun erro, faise un enterro”




“Dun erro, faise un enterro”
O pior de apañar e consumir cogumelos que non se coñecen ben, non é morrer-se , o primeiro que che xogas son os rins ou o figado, por unha tonteria, vivir o resto da tua vida enfermo é o pior que che pode pasar, unha cousa é confundir 2 cogumelos semellados, que os hai e un é venenoso e outra comestibel

miércoles, 21 de abril de 2010

Cacaforra comida, nin herba nin manciña







“Cacaforra comida, nin herba nin manciña”
Cacaforra da morte (Amanita phalloides)
Este cogomelo provoca a case totalidade de intoxicacións mortais. Cando se apaña sen volva e se estraga o anel, pode confundirse con cogomelos comestibles de coloración semellante, como as “Netorras esverdeadas”.

“Unha cacaforra no cesto fai perder o resto”
As Netorras moitos coñécenas só por ser acelmes. A Cacaforra da morte non ten mal sabor e entra no cesto facilmente; se a mira un bo coñecedor de cogomelos xa de contado tira con todo.
Amanita phalloides (Mortal) polo cor esverdeado do sombreiro, pero as Netorras , como neste caso a Netorra (Russula virescens), non teñen anel nin volva

“Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a hora”
Ás veces é moi difícil recoñecer a especie das Netorras; son o único xénero do que pode ser determinada a comestibilidade con unha proba empírica: é suficiente mascar un anaquiño e descartar as especies con sabor claramente agre.
Non quere dicir que todas as Russulas agres sexan tóxicas. Para tal diagnóstico é necesário recoñecer con certeza que se trata do xénero Russula, doutro modo unha “Amanita phalloides,” mortal, que non ten sabor agre, podería ser trocada con unha Netorra verde, comestible

martes, 20 de abril de 2010

“Redromeira, lar da meiga e da bruxa feiticeira”


Corro de meigas, ou sexa, Corro de bruxas.
“Redromeira, lar da meiga e da bruxa feiticeira”
A Sendeiriña (Marasmius oreades) é a Calocybe gambosa. Medran formando círculos ou fileiras, en prados, claros herbosos dos bosques.
A perfección dalgún destes perfectos círculos, sen herba no interior e con unha herba alta e verde na parte exterior de onde nacen os cogomelos, da pé a moitas e variadas lendas

Ditos e Refrans


Os ditos e refráns do cogomelo Lactarius deliciosus, e doutros da mesma família, aínda que poucos son moi chamativos e com moita retranca.
"Sombra de lateiro, fungos da muña no abeiro".
É un acerto, pois á sombra de todo piñeiro novo é fácil atopar este cogomelo. O curioso é que agora en galego "lateiro" case ninguén o usa.
Por Valdeorras, curándose en saúde e para que non te aterrezas ao ver a mexada xa se di:
"Ollo á mexada, si fungos da muña, van na empanada"
Cando se consuman os Lactarius deliciosus a micción acostuma tomar unha cor roxiza, sinal de que os riless están ben.
Dise do Fungo da muña
"Cásate con il, sí che deixa o anel"
Se só ollas por encima o sombreiro, podes meter no cesto un Lactarius tóxico. Fixándose nas láminas xa ves grandes diferenzas, e se lle cortas o pé e a cor do lactes queda marcada na túa man xa é unha garantía de que tes un bon cogomelo comestible, pois déixache un anel cor ladrillo marcado na pel.