viernes, 30 de abril de 2010

Ditos e Refrans

Geastrum triplex Jungh.






Geastrum triplex Jungh.
Sinonimos:
Geastrum michelianum W.G. Sm.
Geastrum tunicatum var. michelianu
Geaster tunicatus var. michelianus


- Carpóforo: Orixinalmente enterrado -hipogeo- é forma mais ou menos esférica, en forma de bulbo de 3 a 6 cm. de diámetro. Ao maturar aparece sobre o chan, abrindo-se en primeiro lugar o exoperidio, ou capa superficial, en forma de estrela de 5 a 8 pontas -lacinias- e un diémetro de até 15 cm, deixando ao descubrido un endoperidio esférico -corpo fuctifeiro-. A sua consisténcia é carnosa, de cor crema rosete. Mais tarde ao ir-se cambando estas pontas de estrela, rompen-se formando unha nova capa, o mesoperidio, baixo o endoperidiod, a modo de bandeja ou collar.
O endoperidio esférico, sésil, é o corpo frutífero do cogumelo, mede de 3 a 4 cm de de diámetro e é de cor castaño grisaceo. Na sua interior está a gleba que se converte en esporas. Na sua parte superior abre-se un buraco -ostiolo- ben delimitado sobre un peristoma en forma de cone por onde se expulsan as esporas xa maturas.
Asi aparecen tres partes ben diferenciadas, o exoperidio en forma de estrela, o mesoperidio ou collar e o endoperidio. desta característica morfolóxica ven o seu nome de triplex.

ESPORADA,:

- Esporada: De cor castaño moura.
.

ECOLOXIA:

- É abondo comun en bosques de Xagoaza e na Veiga cadufifolios, e aparece en pequenos grupos preferibelmente en outono.

- Non é comestibel pola sua consisténcia.

CONFUSIONS:

- Pode confundir-se co Geastrun vulgatum que carece da terceira capa baixo o endoperidio.
- A caracteristica das tres capas fai-lle clasificabel e distingue-o de outros geastrun ou astreus semellados.

martes, 27 de abril de 2010

“Fungo regalado, con discreción tiralo”





“Fungo regalado, con discreción tiralo”
O fungo que che mereza dúbida, rexeitalo sen atiriñar.
¿Tes plena confianza onde foron recollidas?
¿O hábitat onde se recolleron non estaría contaminado?
¿O recolector é persoa com coñecementos do cogomelo que entrega?
¿Pregunta se coñece outros cogomelos tóxicos semellados aos presentes?
Todas as precaucións son poucas, e aínda que sexa un cogomelo comestible, e recollido en sítio libre de toda contaminación, podes ser alérxico a un determinado cogomelo

lunes, 26 de abril de 2010

“Cravos da nogueira dan cagaleira; os de choupo, boa xeira”



“Cravos da nogueira dan cagaleira; os de choupo, boa xeira”
As nogueiras producen unhas substancias chamadas “juglonas” que almacenan nos seus tecidos, especialmente nas súas raíces.
Estas substancias son utilizadas pola nogueira para anular a medra doutras árbores e ao enfermar é normal que a “Armillaria mellea” os colonice e os cogomelos estean infectados da sombra da nogueira.
No pensamento tradicional galego pénsase que a sombra da nogueira produce dor de cabeza e malestar ás persoas que se deiten debaixo dela.

jueves, 22 de abril de 2010

ORQUIDEAS SILVESTRES DE VALDEORRAS

"Cando fales dos cogomelos, fala dos malos e non terás pleitos cos aconsellados"






Cando fales dos cogomelos, fala dos malos e non terás pleitos cos aconsellados

Sinceramente, é máis acertado e dá mellores resultados comentar os perigos que os cogomelos teñen; os velenosos, que son poucos, e algúns máis que hai tóxicos.
Curarse en saúde é bo para evitar que unha mala identificación provoque algún fallo.
Bola de neve mareleante (Agaricus xanthoderma) e as súas variedades son os causantes da maioría de pequenas intoxicacións. Este cogomelo, se se coñece ben, dá moita información para poder consumir vários Agaricus comestibles.
Primeiro debemos coñecer os tóxicos. A resposta á pregunta: Cómese? ten unha boa resposta
—Todo cogomelo se pode comer: algúns só unha vez.
É certo que atopar hoxe Agaricus comestibles, que cumpran a seguranza de que están libres de metais é un grande risco; á venda si que os podemos atopar dunha calidade máxima e garantidos por produtores de garantía.
Fungo enganoso (Entoloma sinuatum = lividum). Tóxico.
Pódese confundir con algunhas especies comestibles como o Calocybe gambosa, Clitocybe nebulares. É unha especie de tamaño grande, de cores claras, medra gregario, non cespitoso como outros Entolomas que se lle asemellan. Ten como característica diferencial máis evidente nas laminiñas, que cando matura adquire unha cor salmón á superporse á cor rosete das esporas (trátase dun cogumelo con esporas rosetes) ao amarelo proprio.
Outros Entoloma teñen as laminiñas branco-grisáceas. O sombreiro pasa de convexo cando abre e apresenta, case sempre, unha prominencia central moi obtusa. Non é higrófano. A marxe é subtil e a cutícula separable. A superfície, de cor moi clara, abondo variable do case branco ao castaño claro ou amarelento, ás veces con reflectidos grisvioláceos, é seca, lisa e brillante debido á presenza de fibriñas.
As laminiñas, non moi apretadas, son abondo estreitas, atenuadas no pé, amarelas pero de cor rosa salmón característico cando as esporas están maturas. O pé, cilíndrico ou lixeiramente ensanchado, é blancuzco, brillante pola existéncia de fibriñas e, na base, branco pola presenza de pelos. É oco nos exemplares adultos. A carne é dun branco brillante con forte olor a fariña e sabor agradable.
Medra de outubro a decembro só nos bosques de caducifolias, sobre todo entre carballos e castañeiros, que teñen chans arxilosos e calcáreos. Pode presentarse en grandes filas, tamén en círculos, pero sempre gregaria. En Valdeorras apreséntase frecuentemente nos outonos chuviosos en varias sítios: Xagoaza, O Castro e Rubiá. É unha especie moi perigosa que pode provocar envelenamentos graves. Semella posuír toxinas que producen envelenamentos tanto a longo como a curto prazo. Unha rápida intervención aos primeiros signos da intoxicación evita o efecto dos síntomas de envelenamento tardío que, como se sabe, sería máis grave. Sen embargo, houbo casos de envelenamento mortal por este cogomelo que, probablemente, for

“Cando as caracochas empezan a pingar, os fígados podes atopar “





“Cando as caracochas empezan a pingar, os fígados podes atopar “
Fistulina hepatica (Schaeff.) With.
SININIMOS:
Agarico-carnis lingua-bovis Paulet
Boletus buglossum Retz
Boletus bulliardii J.F. Gmel
Boletus hepaticus Schaeff.
Boletus hepaticus Vent.
Ceriomyces hepaticus Sacc.
Confistulina hepatica (Sacc.) Stalpers
Fistulina buglossum (Retz.)
Fistulina endoxantha Speg
Fistulina hepatica var. endoxantha (Speg.) J.E. Wright
Fistulina sarcoides St.-Amans
Hypodrys hepaticus (Schaeff.) Pers.
Hypodrys hepaticus (Schaeff.) Pers. var. hepaticuS
Ptychogaster hepaticus (Sacc.) Lloyd

Nomes galegos: Fígado, Lingua de boi, Asadura (Fistulina hepática).
Este é un dos cogomelos que se comía, e come, en cru. Os cazadores, pastores e os desaparecidos carboeiros mondábana e comíana en anacos pequenos e ben mastigados cando tiñan sede.
Cando os castiñeiros vellos dan as súas primeiras castañas é fácil atopar estes cogomelos.
Tamén nos carballos se dan estes cogomelos; se se fan encebolados moita xente compáraos co fígado de porco con cebola