Mostrando entradas con la etiqueta Cantharellus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cantharellus. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de agosto de 2010

Cantharellus cibarius Fr.






Cacafina, perrachica, pan de cabra, cacaviñas e mais nomes galegos que aun ten.
Observazóns:
As espécies do xénero Cantharellus distinguen-se polo himenio formado por pregues ramificados ou anastomosados, decurrentes, ás veces aparentando verdadeiras láminas como no caso desta espécie. Ten en todas as suas partes unha vistosa cor amarela vivo ou amarelo xema, ás veces descolorido. Carne consistinte, de olor afrutado, raramente atacada polas larvas.
Non confundir con Omphalotus illudens espécie tóxica, vista en O Castro de Valdeorras e Queiruga en oliveiras moi vellas.
Moi semellada é Hygrophoropse aurantiaca, pero aunque se pode comer é mais ruin.
Ecoloxia:
Espécie terrestre, aparece de forma gregaria, de princípios de verán a meados de outono. É comun en Valdeorras,Trives e O Bolo, sobre todo en soutos de castañeiros e carvalleiras.
Comestibilidade:
Excelente

Bibliografía:
Garcia-Echave Mª Cristina, 2009, Guia de setas de Burela y A Mariña Paxina 148
Gerrit J. Keizer, 2000, La enciclopedia de las setas Pagina 140
Lange, Lange & Llimona, 1973, Hongos de Europa Pagina 91
Marcote J.M.C & Pose M & Traba J.M. Cogomelos de Galicia. Paxina 72
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas Pagina 540
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo –I- Pagina 183
Palazón F., 2001, Setas para todos Pagina 165

Sánchez Rodríguez J.A & García Blanco A. ATLAS DE LOS HONGOS DE CASTILLA Y LEON- Pagina 152


domingo, 11 de julio de 2010

Cacaviñas (Cantharellus subpruinosus)





Cacaviñas (Cantharellus subpruinosus)


Familia: Cantharellaceae

Descrición
O SombreirO de xoven ten unha pruina branco-oscuro que vai desaparecendo, de cor amarela homoxénea, de 4 a 12 cm., provisto de pregues en lugar de láminas.
 Estes pregues, moi decurrentes polo pé, son estreitos, apertados e ramificados. A carne é branca amarillenta de olor característico a frutas e sabor agradabel, un pouco picante.

Hábitat
De forma xeral atopa-se desde finais de primavera e inícios de verán a outono.
Preferintemente brota en terrenos silíceos con chans acedos procedintes da degradación de cuarciñas, granitos, laxes e esquistos.
Asocia-se a carvallos, haxas, aciñeiras, piñeiros e mesmo jaras (Cistus ladanifer) e estepas (Cistus laurifolius), asi como a outras espécies leñosas da família Cistaceae e Ericaceae.
Abunda en rebollares, carvalleiras claras, encinares, castañares e hayedos aclarados, asi como nos pinares de Pinus sylvestris e Pinus radiata.
Para frutificar necesita abundante fumidade ainda que que atura moi ben unha vez se produciu a sua emerxéncia dias secos de calor forte.
O cacaviñas é un excelente cogumelo comestibel,  identificabel, que non é atacada por larvas, de sinxelo transporte e conservación. Se deseca con facilidade e se conserva ben.

O arbolado debe ser maturo, de mais de 30 anos de idade, xa que este fungo é
moito mais escaso en arbolado xoven.