miércoles, 21 de abril de 2010

Cacaforra comida, nin herba nin manciña







“Cacaforra comida, nin herba nin manciña”
Cacaforra da morte (Amanita phalloides)
Este cogomelo provoca a case totalidade de intoxicacións mortais. Cando se apaña sen volva e se estraga o anel, pode confundirse con cogomelos comestibles de coloración semellante, como as “Netorras esverdeadas”.

“Unha cacaforra no cesto fai perder o resto”
As Netorras moitos coñécenas só por ser acelmes. A Cacaforra da morte non ten mal sabor e entra no cesto facilmente; se a mira un bo coñecedor de cogomelos xa de contado tira con todo.
Amanita phalloides (Mortal) polo cor esverdeado do sombreiro, pero as Netorras , como neste caso a Netorra (Russula virescens), non teñen anel nin volva

“Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a hora”
Ás veces é moi difícil recoñecer a especie das Netorras; son o único xénero do que pode ser determinada a comestibilidade con unha proba empírica: é suficiente mascar un anaquiño e descartar as especies con sabor claramente agre.
Non quere dicir que todas as Russulas agres sexan tóxicas. Para tal diagnóstico é necesário recoñecer con certeza que se trata do xénero Russula, doutro modo unha “Amanita phalloides,” mortal, que non ten sabor agre, podería ser trocada con unha Netorra verde, comestible

No hay comentarios: