sábado, 21 de agosto de 2010

Stropharia aeruginosa

Non é difícil a identificación deste estraño cogumelo, de cor verde-lagarto, a Stropharia aeruginosa a podemos atopar en Xaguaza, Rubiá e Trives, aunqu donde mais encontrei foi en Vilariño de Conso, lugares onde foi atopada, pola presenza de folerpas brancas na marxe do sombreira e a decoración escamada da parte do pé situada por embaixo do anelo é único. Ademais, a superfície do sombreira está sempre cubrida por unha espécie de cortina mucilaginosa que se esvaece, deixando-a lisa e brillante. O sombreira, inícialmente apresenta-se con forma acampanada para despois abrir-se mantendo no centro a prominencia característica. A cor, nos exemplares xovens é verde-azul; cando a glutina desaparece tende a voltar-se amarillento ou amarelo-ocre. Ten na marxe restos brancos de veu. As laminiñas, inícialmente claras, voltan-se, mais tarde, de cor castaño-púrpura mantendo o borde branco. Son abondo apertadas, aderidas ou lixeiramente decurrentes ao pé. O pé, cilíndrico, verde-esbranquizado, ten un anelo; por embaixo do cual está decorado por escamas brancas que se aclaran coa idade. A carne, branca, non moi compacta, despede un característico olor a ravo
É unha especia que din que é comestibel, ainda que nunca puden atopar algun micofago que a probase, isto me indica que a sua escasez e beleza se ten que pór na lista vermella de cogumelos a protexer.


Bibliografía:



De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada
Frutos Isidro & Romero Manuel 2007, Setas de la Serena. Pagina
García-Echave
Mª Cristina, 2009, Guía de setas de Burela y A Mariña
 
Gerrit J. Keizer, 2000, La Enciclopedia de las setas, Pagina
Lotina Benguria R., 1972, Las Setas Comestibles de Europa.
P. Iglesias, 2002-2004, Setas del Parque Natural de Urkiola Vol... I, Pagina 
Marcote J.M.C & Pose M & Traba J.M. Cogomelos de Galicia.
Pagina 332
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas. Pagina 400
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la Naturaleza Tomo I –Pagina 415
Minguez R. &  Minguez A. 2010. Nove Ducias de cogomelos de Ourense Paxina 114
Palazón F., 2001, Setas PARA TODOS Pagina 492
Sánchez J. A. & García A. Atlas de los hongos de Castilla y León Pagina 359
S.C.M., 1982-2003, Bolets de Catalunya (Láminas)

No hay comentarios: