sábado, 1 de mayo de 2010

“Choupín, choupiñeiro, dime ónde está o teu compañeiro”




“Choupín, choupiñeiro, dime ónde está o teu compañeiro”

O choupin é un cogomelo do xénero diferenciado na família Lepiotaceae Macrolepiota tendo como xustificación primordial o tamaño das especies nel comprendidas.

Os seus sombreiros (ou puchos) son escamados e mamelón central, con láminas de cores branquecinas e libres.

O pé, frecuentemente bulboso, con aneis dobres ou sinxelos que se desprazan e nalgúns casos desaparecen.

O tamaño dos cogomelos deste xénero levou a crer na media verdade de que todas son comestibles.
Se é certo que son excelentes comestibles a Macrolepiota proceira e Macrolepiota rhacodes, e tamén que as Lepiotas de pouco tamaño poden ser moi perigosas, mesmo mortais, pero non entran dentro das Macrolepiotas.

A máis pequena destas é a Macrolepiota Phaeodisca que acada os 11 cm. de diámetro e non é tóxica. Pero non todas son comestibles, hai variedades da citada Macrolepiota Rhacodes, a Veneneta e a Bohemica, que producen transtornos gastrointestinais severos.
O tamaño máis curto do pé e a forma das escamas do sombreiro diferéncianas da Macrolepiota Veneneta, case se forma unha única escama en forma de estrela, e na Macrolepiota bohemica, moito máis escasas e menos profundas que na Macrolepiota rhacodes.
A Macrolepiota procera (Choupin, Cogordo, Palotes, Zarrota, Monxo..., é o cogomelo que máis nomes ten en galego, supera os cincuenta ), é o fungo máis popular e a máis buscada en Valdeorras, en Trives e O Bolo. Cando se atopa un cántase en toda a Ribeira do Sil.

No hay comentarios: