sábado, 1 de mayo de 2010

“Chupín pequeno, fol de veneno”



“Chupín pequeno, fol de veneno”
Os choupíns pequenos, Lepiota Brunneoincarnata, son moi velenosos ou tóxicos. Semellan unha Macrolepiota Procera, pero en pequeno, sen sobrepasar os 8 cm. de altura. A súa carne vólvese roxiza ao cortala. A súa intoxicación provoca síntomas semellantes aos da Amanita phalloides.
Este fungo foi o causante de varias intoxicacións mortais; foran recollidos nuns xardíns públicos.
Hai que ter moito cuidado de non apañar nunca as especies de Lepiota de tamaño pequeno, das que, por certo, temos moitas en Galicia

No hay comentarios: