domingo, 2 de mayo de 2010


“Volta e media o pé, si non rompe, sendeiriña é”
Sendeiriña, Cacavainas: “Marasmius oreades”
O pé e mui elástico, pódese retorcer fortemerte e non rompe no primeiro xiro.


“As sendeiriñas son pequeniñas pero enchen o cesto axiña”
Os corros de bruxas e as ringleiras teñen a millares de sendeiriñas.


“Sendeiriña trouleira, brinca se lle tocas no alto dá perneira”
A mellor forma de recoller os “Masarmius oreades” é cortando o pé con tesouras, aínda que facendo presión coa uña entre pé e sombreira saltan con unha simple presión.



BIBLIOGRAFÍA
RUÍZ LEIVAS, Cristovo / EIROA GARCÍA-GARAVAL, Juan A., Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos, Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2002, páx. 363-379

No hay comentarios: