domingo, 30 de mayo de 2010

“Pingoles, pingoles esta pingando; fungoles, fungoles esta fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba”




Fungato, Falopo dos curandeiros Panqueixo (Calvatia cyathyformis)

“Pingoles, pingoles esta pingando; fungoles, fungoles esta fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba”
Esta é unha adiviña de nunca acabar, pois se un responde que é a pinga de auga que cae nun fungo (Calvatia, Lycoperdon, Geastrum, Astraeus ou outros) e que provoca que este ceibe as esporas, que é a resposta correcta, o interlocutor pode dicir que non; se outro di que é o ourizo da castaña que lle cae enriba o xabarín, cando esta larpando as castañas, tamén pode dicir que non, e se di que é a pinga de graxa de curar os chourizos que lle cae enriba ó gato, aínda pode esixír mais respostas alternativas

No hay comentarios: