sábado, 29 de mayo de 2010

Sapo común (Bufo bufo)



Fotografia feita en “A Raña” 29/05/2005
Espécie de interese faunístico e moi beneficiosa para o home pola grande cantidade de insectos que destrui. Inofensivo para as persoas, ainda que hai que lavar-se ben as mans despois de otocar , pois o contacto poderia irritar os ollos, beizos ou outras partes sensíbeis do corpo. Figura como "Espécie Protexida"



É o sapo mais grande da península ibérica, pode chegar até os 18 cm. as fémeas e até 10 cm os machos. Ten a pel rugosa con unhas glándulas polas que emite un líquido tóxico e irritante, pode apresentar-se en varias coloracións desde un grisácea, bermexo ou esverdeada ás veces con zonas mouras.
A cara ventral dos sapos é de tonalidade clara ou gris con manchas mouras.
A sua alimentación consiste en coleopteiros, larvas de insectos, rabuñas e formigas, para iso fica-se imóbel e lanza a sua língua para atrapar á sua vítima. É de costumes terrestres e acostuma aproximarse ao final do inverno a regatos, charcos etc. para sereproducir , todos os anos voltan ao seu lugar de nacimento, pode viver até 25 anos ainda que teñen unha vida meia de 15.
Habita en calquera lugar desde a montaña até a costa, polo dia acostuma ocultar-se entre as follas, pedras, baixo terra etc. pasan un período de hibernación desde o outono até o final do inverno

No hay comentarios: