jueves, 22 de abril de 2010

“Dun erro, faise un enterro”




“Dun erro, faise un enterro”
O pior de apañar e consumir cogumelos que non se coñecen ben, non é morrer-se , o primeiro que che xogas son os rins ou o figado, por unha tonteria, vivir o resto da tua vida enfermo é o pior que che pode pasar, unha cousa é confundir 2 cogumelos semellados, que os hai e un é venenoso e outra comestibel

miércoles, 21 de abril de 2010

Cacaforra comida, nin herba nin manciña







“Cacaforra comida, nin herba nin manciña”
Cacaforra da morte (Amanita phalloides)
Este cogomelo provoca a case totalidade de intoxicacións mortais. Cando se apaña sen volva e se estraga o anel, pode confundirse con cogomelos comestibles de coloración semellante, como as “Netorras esverdeadas”.

“Unha cacaforra no cesto fai perder o resto”
As Netorras moitos coñécenas só por ser acelmes. A Cacaforra da morte non ten mal sabor e entra no cesto facilmente; se a mira un bo coñecedor de cogomelos xa de contado tira con todo.
Amanita phalloides (Mortal) polo cor esverdeado do sombreiro, pero as Netorras , como neste caso a Netorra (Russula virescens), non teñen anel nin volva

“Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a hora”
Ás veces é moi difícil recoñecer a especie das Netorras; son o único xénero do que pode ser determinada a comestibilidade con unha proba empírica: é suficiente mascar un anaquiño e descartar as especies con sabor claramente agre.
Non quere dicir que todas as Russulas agres sexan tóxicas. Para tal diagnóstico é necesário recoñecer con certeza que se trata do xénero Russula, doutro modo unha “Amanita phalloides,” mortal, que non ten sabor agre, podería ser trocada con unha Netorra verde, comestible

martes, 20 de abril de 2010

Anade Real ó Azulón (Anas platyrhynchos)





O pato mais visto do rio Sil.
Habita todo tipo de humedais (naturais ou artificiais) independentemente da sua extensión, profundidade e grau de humanización. Nidifica alejado das zonas húmidas, en cultivos ou baldíos. Tamén pode criar en árbores. Ocupa perfeitamente cauces fluviais.

É unha ave moi gregaria, abondo arisca e desconfiada, que raramente permite o achegamento a curta distáncia, sendo normalmente o primeiro parrulo que foxe ante a presenza humana. Se agrupa para sestear durante o dia e pola noite se desplaza aos comedeiros.
A sua grande capacidade de adaptación e aproveitamento de distintas fontes de alimentos son as razóns da sua numerosa povoazón, que medra cada ano.

Sarcosphaera coronaria (Jacq.)






Sinonimos:
Peziza coronaria Jacq., Misc. austriac. 1: 140 (1778)
Peziza crassa Santi
Peziza eximia Durieu & Lév., (1848)
Peziza macrocalyx sensu auct. brit.; fide Cannon, Hawksworth & Sherwood-Pike (1985)
Pustularia coronaria (Jacq.) Rehm
Sarcosphaera crassa (Santi) Pouzar, Česká Mykol. 26(1): 35 (1972)
Sarcosphaera eximia (Durieu & Lév.) Maire, (1917)
Sepultaria coronaria (Jacq.) Massee

Síndromes

“Redromeira, lar da meiga e da bruxa feiticeira”


Corro de meigas, ou sexa, Corro de bruxas.
“Redromeira, lar da meiga e da bruxa feiticeira”
A Sendeiriña (Marasmius oreades) é a Calocybe gambosa. Medran formando círculos ou fileiras, en prados, claros herbosos dos bosques.
A perfección dalgún destes perfectos círculos, sen herba no interior e con unha herba alta e verde na parte exterior de onde nacen os cogomelos, da pé a moitas e variadas lendas

Orellos, cuncos e pantorras


As especies de Helvellas, Sarcosphaeira, Morchella e Mitrophora, se se consumen crúas ou pouco cociñadas provocan hemólise (rotura dos glóbulos vermellos) por cogomelos.
Xa era ben coñecida polas ribeiras do Sil. Curándose en saúde escaldaban estes cogomelos antes de preparalos e tiraban a primeira auga.
Un dito que a min me confirmou a cultura micolóxica do oriente ourensán:
Orellos, cuncos e pantorras, escaldas pra que non morras
Isto quere dicir que xa de antigo sabían que a primeira auga destes cogomelos se debía tirar, xa que en cru son tóxicos.
O nome popular en galego da Helvella monachela, Helvella sulcata e a Helvella crispa é “orellos”, da Sascosphaeira coronaria é “cuncos”, e das Morchelas é “pantorras”.