domingo, 4 de julio de 2010

Dactylorhiza maculata

Dactylorhiza maculata




Etimología

As orquídeas obteñen o seu nome do griego ?"orchis", que significa testículo, pola apariencia dos tubérculos subterraneos en algunhas espécies terrestres. A palabra 'orchis' usou-na por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 A.C.), no seu libro "De história plantarum" (A história natural das plantas ). Foi discípulo de Aristóteis e está considerado como o pai da botánica e da ecoloxia.

O nome Dactylorhiza procede das palabras griegas ? "daktylos" (dedo) e ? "rhiza" (raiz). Isto é pola forma dos 2 tubérculos subterraneos do xénero. Dactylorhiza estivo anteriormente clasificada dentro do xénero Orchis.

"maculata" equivalente a "manchada" ou "moteada"

Hábitat

Estas orquídeas atopan-se distribuídas ao longo da zona subartica e parte-a amornada do hemisfério Norte: desde Europa, até Siberia e polo Noroeste de África. Desenvolve-se con preferéncia en zonas pantanosas

As fotografias foron feitas en Santa Mariña dó Monte e As Ermitas O Bolo

Descrición

Estas orquídeas terrestres desenvolven-se en chans acedos e terrenos encharcados. Teñen tubérculos geofiños. nestes grosos tallos subterraneos poden almacenar grande cantidade de auga, que lles permitan sobreviver en condicións de seca.

Posuen de 5 a 12 grandes follas de oblongo-ovoides a elíptico-lanceoladas, moteadas de cor púrpura. Desenvolven un tallo longo que atinxe unha altura de 70-90 cm. As follas da parte superior son mais pequenas que as follas mais baixas do tallo.

Florecen na primavera tardia ou en princípios de verán. A inflorescencia, cilíndrica, comparada coa lonxitude da planta é mais ben curta. Sendo un ácio compacto con unhas 25-50 flores. Estas desenvolven-se a partir duns capullos axilares. As cores predominantes son rosetes, moteados con manchas mais mouras formando un debuxo con liñas e motas na parte central superior do labelo.

A sua sistema de polinizazón normalmente entomógamo, pero ao estar desprovistas de néctar teñen que recorrer ao mesmo mecanismo de atracción que apresentan outras orquídeas, como é o caso do xénero Orchis, que para atrair aos polinizadores as flores teñen que adquirir a apariencia de flores nectaríferas



BIBLIOGRAFÍA


Cortizo Amaro, C & Sauquiño Balbuena Elvira. GUIA dás ORQUÍDEAS de GALICIA 2006 PAXINA 80
Xosé Ramón García  Guía das Plantas de Galicia 2008 paxina 458

No hay comentarios: