jueves, 24 de junio de 2010

O Barco de Valdeorras


LAS MÉDULAS, vistas desde Santa Mariña do Monte (O Barco de V.)

Vista xeneral de O Barco deValdeorras

As Hortas

O Serro O Retorno

Vilanova. Al fundo Rubiá

ENTOMA

O BARCO DE VALDEORRAS
É unha localidade situada no extremo nororiental da província de Ourense (España), e que dista da capital provincial 112 km a través da N-120. Localizada no fondo do vale do Sil, rodeada por montañas, é o centro da Bisbarra de Valdeorras. Unha das bases da sua economia, ademais da estoupación e tratamento de laxes, é a producción de viño de alta calidade, Denominación de Orixe Valdeorras. Desde o paseo fluvial do Malecón e as montañas poden-se contemplar belas paisaxes. O conxunto monumental de O Barco tamén pode ser un espléndido ollador do núcleo do Barco e do rio Sil. Restos da cultura romana e vários pazos son o mais destacado do lugar, asi como os festexos en honra ao Santo Cristo, nos que se organizan varias actividades.
O Barco está situado na parte suroriental de Galicia, na bisbarra de Valdeorras, ocupando parte dá chaira aluvial do rio Sil e entre as montañas que limitan o seu contorno. Esta configuración do terreno és a que deu orixe ao topónimo O Barco, a partir dunha base prelatina, probabelmente céltica, *barc ou *barg (concavidade).
Outros autores defenden que o nome de O Barco proviene da instalación, en época romana, dunha barca até a aldea de Viloira, co fin de comunicar as moitas povoazóns existintes a ambas marxes do rio. En torno ao que nun princípio foi o alpendre dos barqueiros (porto da barca) - e ao longo da calzada romana, hoxe Cale Real- foron xurdindo as construccións e configurándose o núcleo urbano de O Barco de Viloira.

Paróquias:
Alixo (San Martiño)
O Barco (San Amaro)
O Castro de Valdeorras (Santa María)
Cesures (San Clemente)
Coedo (San Antonio)
Éntoma (San Xoán)
Forcadela e Nogaledo (Santiago)
Millarouso e Santurxo (A Conceizón)
A Proba (Santa María)
Santa Mariña dó Monte (Santa Mariña)
Santigoso (San Miguel)
Vilanova de Valdeorras (Santa María)
Viloira (San Martiño)

No hay comentarios: