lunes, 24 de mayo de 2010

O RAPOSO (Vulpes vulpes)




O RAPOSO, Vulpes vulpes, é de hábitos crepusculares e nocturnos.
Aínda frecuente en Valdeorras, cando escurece abandona a súa
complexa tobeira e disponse a buscar o seu sustento. Ratos, toupas,
coellos novos, paxaros, aves de curral, insectos, réptiles, acios de uvas e ata landras, todo lle presta ó seu pouco esixente padal.
Estas boas tragadeiras, xunto coa súa consabida astucia, fai que non sinta necesidade de se arredar do medio urbano, onde lle é doado atopar uns apetitosos desperdícios.
este raposo esta dando boa conta deles en unha corredoira de Vilanova, Valdeorras.

No hay comentarios: