sábado, 2 de octubre de 2010

TRICHOLOMA COLOSSUS


Sombreiro
De 10 a 25 cm de diámetro, ao princípio subgloboso, durante moito tempo convexo, co tempo estendido e disforme. Cutícula separabel, espesa, lisa, de cor variada e irregular; amarronado, castañeiro rosete, castaño viñoso ou castaño carne. Marxe de cor crema ou carne de xoven, con cor de adulto e co borde moi enrodelado

Laminas
Aderintes, case libres, abondo apertadas, estreitas, esbranquizadas ou de cor carne esbranquizado de xoven e ocre de adulto, ás veces manchadas de castaño roña na vellez.

Encho, duro, ao princípio obeso ou bulboso, despois ventrudo e radicante. Cor similar ao do sombreira ou algo mais claro por embaixo da zona pseudo-anular e branco por encima.

Carne
Espesa, compacta, branca ao corte, virando lentemente a rosa carne ao contacto co ar e castaño roña nas zonas danadas do pé. Olor débil e agradabel, pouco definido, non fariñosa; sabor suave de avelá que amarga lixeiramente ao cabo dun tempo.

Comestibel, sempre ben cociñada, se non se cociña ben é moi indigesta.
Sítios Lugares e Épocas
Durante o outono, en bosques de coníferas con mais de 25 anos de idade, o seu escasez é porque case xa non fican bosque de coníferas que rebasen ese tempo.





Bibliografia:
Marcote J.M.C & Pose M & Traba J.M. Cogomelos de Galicia. Paxina 290

Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la Naturaleza Tomo I Pagina 426

Mínguez R & Mínguez A, 2010 Nove ducias de cogomelos de Ourense. Paxina 145

Sánchez J. A. & García A. Atlas de los hongos de Castilla y León Pagina 446


No hay comentarios: