jueves, 1 de julio de 2010

Orquídea branca das bolboretas (Platantheira bifolia L)

Orquídea branca das bolboretas (Platantheira bifolia L)




O nome Platantheira procede do griego e significa "anteira amplia" referendo-se á separación da base dos loculos polínicos.

Platantheira estivo anteriormente clasificada dentro do xénero Orchis.

As espécies de Platantheira distinguen-se das de Orchis e das de Habenaria, pola ausencia de procesos estigmáticos, ao posuir un espolón nectarifeiro para atrair aos insectos polinizadores. Outra característica diferenciadora é a das suas raices tubérculos ovoideas.

Estas orquídeas terrestres desenvolven-se en chans básicos e prados húmidos, lindeiras de bosques e en áreas onde a arboleda está clareando. Teñen tubérculos geofiños inteiros, de ovoides a fusiformes,. nestes grosos tallos subterraneos poden almacenar grande cantidade de auga, que lles permitan sobreviver en condicións de seca.

Posuen grandes follas ovoides ú oblongas que mudan a lanceoladas na parte superior perto do ápice. Desenvolven un tallo curto que atinxe unha altura de 30-40 cm. As follas da parte superior son mais pequenas que as follas mais baixas do tallo.

A inflorescencia, é unha espiga cilíndrica, con unhas 5 a 25 flores pequenas de cor branca neve, con fragancia. Estas desenvolven-se a partir duns capullos axilares. As flores co saiba-o dorsal e os pétalos solapados formando un casco, espolón (mais longo que o ovário) carregado de néctar e o estigma único e plano. Florecen a finais de primavera ou en verán.



Hábitat

En prados de Santa Mariña dó Monte, O Barco de Valdeorras.



BIBLIOGRAFÍA

Cortizo Amaro, C &; Sauquiño Balbuena Elvira. GUIA dás ORQUÍDEAS de GALICIA 2006 PAXINA 130

No hay comentarios: