I Juan-A. Eiroa García-Garabal é autor unicamente deste primeiro apartado de introdución: o groso do traballo (apartado 2.) é da autoría de Cristovo Ruíz Leivas.
1. Introdución
En España hai dúas zonas claramente micófagas (ou comedoras de fungos) que corresponden xeograficamente a Cataluña e o País Vasco. O resto do territorio é claramente micófobo (gran medo ós fungos) con pequenas excepcións. Galicia atopábase nestes últimos, aínda que nos derradeiros anos isto está a cambiar.
Cando nos preguntamos por que ese medo ancestral no noso país galego, tentamos explicalo con hipóteses para as que non temos documentación: sería o medo por ver veciños morrer ou enfermar e isto orixinaría desprezo e falta de interese. Ou quizais unha prohibición relixiosa fose a causante. De calquera maneira, nos últimos anos Galicia incorporouse claramente á cultura dos fungos ou cogomelos e, de non querer saber nada, na actualidade parece existir un verdadeiro descubrimento non só no coñecemento por parte do pobo senón tamén por aqueles que se dedican a cociñalos, que son os verdadeiros beneficiados deste fenómeno. É a etnomicoloxía, termo acuñado por Gordon Wasson, banqueiro de New York dos anos cincuenta casado cunha dona rusa, ciencia que busca as raíces do uso de todo tipo de fungos nas distintas culturas, e que en Galicia nos proporciona poucos datos.
Se se revisan os diccionarios mais antigos (e eu mirei tódalas entradas da edición do Diccionario de diccionarios de Antón Santamarina na súa edición de 2001, que xunta 17 publicados con máis de 222. 000 entradas) non se atopan senón folla e media de termos que teñan relación con cogomelos e moitos deles repítense nun e noutro. Case non hai nomes galegos de setas. Non obstante, os nomes galegos de plantas, árbores, etc. ocupan moitas páxinas e non hai ningunha que escape á súa denominación no país, teña ou non interese para comer ou usar como cura tivo ou noutra cousa.
Preguntei por moitos lugares da Galicia do interior e case só saben dicir que coñecían os fungos como pan de sapo, pan de culebra ou de cobra, pan de raposo e cando un pregunta se os comen, prodúcelles un evidente asombro e algunha muller aínda se persigna. Se isto o facemos na Galicia da costa, aínda menos: alí si que non dirán nin res. Por outra parte desde que no último tercio do século XIX empezaron a introducirse os eucaliptos, que producen unha menor fructificación de fungos, aínda peor.
Unicamente na metade sur da provincia de Ourense ofrecen algúns datos e aquí xa se poden atopar nomes de cogomelos con distintas variantes. Non sei se nesta parte da nosa terra puido ter influencia a proximidade de Castela, onde, a pesar de ser tamén en gran parte micofóbica, xa exisúa desde antes do XVII inxestión de dous fungos claramente coñecidos. Un, que recollian nos páramos na primavera e no outono, a seta de cardo (Pleurotus eringiJ); e outra, que apañaban na primavera nos prados das montañas, sobre todo nas provincias de León, Palencia e Burgos, que é a seta de San Xurxo (Calocybe gambosa).
Ademais, debeu ter algunha influencia desde a Idade Media o Camiño de Santiago, pois era natural que os peregrinos que viñan a Compostela trouxeran coñecementos tamén no tema que nos ocupa. Non hai máis que ve-lo libro Viaggio in Ponente a S. Giacomo di Galitia, e Finis Terrae, per Francia, e Spagna (1673) de Domenico Laffi [ Publicou a traducción galega Leandro García Bugarín no libro de GARRIDO, Gustavo A (ed.): Aventureiros e CUl10S0S. Relatos de viaxeiros esttanxeiros por Galicia. Séculos xv-xx (Galaxia, Vigo 1994). Tamén hai traducción castelá de Clemente Crespo Caamaño (Viaje a poniente / Domenico Laffi Bolonés. Sildavia, Santiago de Compostela 1991)], que nos conta no século XVII como na provincia de Burgos, ó pasa-los Montes de Oca, e na de León preto de Sahagún, colle uns fungos que logo lle preparan no mesón onde dormen, e di deles que eran grandes coma boinas, e estaban moi saborosos.
É lóxico pensar que a xente, vendo que estes estranxeiros os comian, matinase en por que non os ían comer eles. Aínda que Laffi non di que collera cogomelos en Galicia, era presumible pola época na que veu que os collese como fixera en Castela.
Neste último ano dedicouse o Día das Letras Galegas ó frade Martín Sarmiento, que aínda que naceu en Vilafranca do Bierzo, viviu os seus anos mozos na provincia de Pontevedra. Nel tamén se atopan dúas referencias ós fungos, que fan destacar quizais a súa micofobia, ó mellor tamén obtida na nosa Galicia. Sobre unha carta que lle envía ó Duque de Medina Sidonia preguntándolle sobre duns fungos que saían moi abondosos no Escorial, dille"estoy firme en que jamás comeré hongos, setas y cáscaras de ajo, ni morilles [unha variedade de fungos que se chaman colmenillas] ni tampoco mousserones [é a seta de San Xurxo] aunque sean de primavera, aunque los guise Apicio el cocinero romano o Eschapi, el cocinero del Concilio de Trento."
Despois de todas estas consideracións, cando un atopa alguén que foi capaz de recoller refráns e nomes de fungos na comarca de Valdeorras, coa dificultade que isto ten en Galicia, é lóxico sentir unha gran ledicia, que é a que eu sinto hoxe ó escribir estas liñas a modo de prólogo da publicación desta achega que fai o meu bo amigo Cristovo, que doutra maneira se perderían.
Para terminar, e isto vai para aqueles que collen fungos para xantar ¡moito coidadiño! que a única maneira de coñecer se un fungo é bo ou non, é coñece-las súas características botánicas e, se non, preguntar a quen sabe un pouco disto, como son os membros das Asociacións micolóxicas, das que hoxe hai moitas por toda Galicia, e van conseguindo que se vaia perdendo o medo a estes marabillosos seres da natureza, hoxe incluídos nun reino aparte, o dos Fungi. Lembremos: tódolos fungos se poden xantar pero algúns unha vez nada máis.
2. Micoloxía do oriente ourensán. Valdeorras, Trives e O Bolo. 1982- 1994
Usarei as seguintes abreviaturas: na primeira columna Com (comestible) e ¿? (dubidosa); na segunda Tóx (tóxico), T (tóxico), M (mortal), ¿-? (dubidosa); X marca os cogomelos que, aínda sendo comestibles, poden ser perigosos ou que poden ser comestibles como ovos pero non cando xa están abertos; finalmente, na última columna, V (Valdeorras), T (Trives), B (O Bolo)
Com | Tóx | NOME CIENTÍFICO | NOME GALEGO | ZONA | |
Fungo
| |||||
Cogumelo
| |||||
Corro de bruxas
| |||||
Cravo da nogueira
| |||||
Fungo do engano
| |||||
Mourón
| |||||
Ovo de bubela
| |||||
Ovo de pega
| |||||
Pan do demo
| |||||
Morrón
| |||||
Com | Agaricus arvensis | Bola de neve | VBT | ||
Agaricus augustus | Bola de neve con lá | ||||
Agaricus bisporus | Champiñón | ||||
Com | Agaricus bitorquis | Cogumelo das rapadoiras | TB | ||
Com | Agaricus campestris | Fungo dos lameiros | VBT | ||
Agaricus macrosSporus | Bola de neve dentada | ||||
Com | Agaricus silvaticus | Bola de neve do bosque | T | ||
T | Agaricus xanthoderma | Bola de neve mareleante | VBT | ||
Com | Agrocybe aegerita | Cogumelo dos choupos | VBT | ||
- | - | Agrocybe dura | Fungo xesta | T | |
Com | Albatrellus pescaprae | Pesuño | V | ||
Com | Aleuria aurantia | Cunco anaranxado | VBT | ||
Com | Amanita caesaria | Raíña
| V | ||
¿-? | ¿-? | Amanita cetrina | Francesiña | VBT | |
Com | ¿-? | Amanita crocea | Cacaforra sin anel | VT | |
T | Amanita gemmata | Cacaforra dourada | VBT | ||
T | Amanita muscaria | Rebentabois. Brincabois. Atolamoscas
| VBT | ||
T | Amanita muscaria v. aureola | Rebentabois. Brincabois | T | ||
M | Amanita pantherina | Cacaforra marxa | VBT | ||
M | Amanita phalloides | Cacaforra da morte
| VBT | ||
M | Amanita phalloides var. blanca | Cacaforra branca | V | ||
Amanita rubescens | Cacaforra viñosa | ||||
M | Amanita verna | Cacaforra branca | T | ||
Com | ¿-? | Armillariella mellia | Palote da madeira | VBT | |
-- | -- | Astraeus hygrometricus | Estrela do tempo. Estrela nubeira | VBT | |
-- | -- | Auricularia mesenterica | Baxola | VBT | |
-- | -- | Auriscalpium vulgare | Irto das piñas | VT | |
-- | -- | Bjerkandera adusta | Orellón das cascas | VBT | |
Com | Boletus aerius | Madeirudo.Cogordo.Andoa.Andoa castaña
| VBT | ||
Com | Boletus appendiculatus | Madeirudo. Esqueiro. Bolouro | VBT | ||
Com | Boletus edules | Madeirudo. Cogordo. Andoa. Alboxo | VBT | ||
Com | ¿-? | Boletus erythopus | Madeirudo de pé vermello. Andoa roxa | VBT | |
Boletus junquilleus | Madeirudo das sobreiras | ||||
Com | ¿-? | Boletus luridus | Madeirudo das sogras | VBT | |
Com | Boletus pinophilus | Madeirudo
| VBT | ||
Com | ¿-? | Boletus queletti | Madeirudo das sogras | BT | |
Com | Boletus regius | Madeirudo | T | ||
Com | Boletus reticulatus | Madeirudo do vran. Cogordo. Pachán | VBT | ||
-- | -- | Boletus strobilaceus | Andoa peluda | T | |
Com | ¿-? | Boletus versicolor | Madeirudo. Cogordo | B | |
Com | ¿-? | Bovista plumbea | Fungo do sapo. Peido de lobo | VBT | |
-- | -- | Calocera cornea | Corno das cachopas | VBT | |
Calocera viscosa | Corno das cachopas | ||||
Com | Calvatia excipuliformis | Falopo dos curandeiros | V | ||
Com | Calvatia utriformis | Fungato. Falopo dos curandeiros. Pan queixo
| VBT | ||
Com | Camarophyllus niveos | Pan de aligacha | BT | ||
Com | Cantharellus cibarius | Cacafina. Cacaviña. Pandecabra. Pan chica. Perrachica. Carne de pita
| VBT | ||
Com | Cantharellus cinereus | Cacafina. Panchica
| VBT | ||
Com | Cantharellus lutescens | Pan chica. Trompeta amarela | VBT | ||
Com | Cantharellus tubaeformis | Pan chica. Trompeta con pregues | VBT | ||
Chalciporus viviratus | Madeirudo fel | VBT | |||
-- | -- | Chelvmenia fimicola | Pencadas da bosta | VBT | |
Chlorophyllum molybdites | Choupín verdoso | ||||
Com | Chrogomphus rutilus | Choupín babuxa | VBT | ||
Com | ¿-? | Clathrus ruber | Ovo das meigas | VBT | |
- | - | Clavaria fumosa | Encrestada | VBT | |
Clavariadelphus ligula | Moca | ||||
Clavariadelphus pistillaris | Moca. Xardolo | ||||
Com | ¿-? | Clavariadelphus trucatus | Moca. Mazola. Xardolo | VBT | |
- | - | Clavulina cineria | Ciru cinsu | VBT | |
Com | Clavulina rugosa | Ciro | VBT | ||
Clitocybe alexandri | Fungo con coroa | ||||
- | - | Clitocybe clavives | Cravo dos piñeiros | T | |
Com | Clitocybe geotropa | Fungo funil Fungo fonil, nin pra ti nin pra min. | VBT | ||
Com | Clitocybe maxima | Fune:o funil. Pomba | VBT | ||
Clitocybe nebularis | Aborrallado | ||||
Com | Clitocybe odora | Chorume. Choupín fiollo | VBT | ||
Com | Clitopilos prunulus | Fariñeira | VT | ||
- | - | Collybia fusives | Fuso dos castiñeiros | VBT | |
Com | ¿-? | Coprinus atramentarius | Fungo das sogras. Fungo das meigas. | VBT | |
Com | Coprinus comatus | Pucho de meie:as. Piocán. Matacandil | VBT | ||
- | - | Coprinus disseminatus | Panligacha | VBT | |
- | - | Coprinus domesticus | Fungo dos pendellos | VBT | |
- | - | Coprinus micaceus | Pucho das cañotas | VBT | |
- | - | Coprinus phlyctidosporus | Pucho | T | |
- | - | Coprinus picaceus | Pucho de pega. Prato de meiga. Pega | VBT | |
- | - | Coprobia granulata | Penca da bosta. Lentella do esterco | VBT | |
Cortinarius praestans | Pel de castaña | ||||
Com | Cratarellus cornucopioides | Trompeta dos mortos | VBT | ||
- | - | Crepidotus mollis | Niñal. Oveiro. Dedaleira | VBT | |
- | - | Crevidotus variabilis | Roseta dos e:uizos | VBT | |
- | - | Crucibulum laeve | Niñal. Oveiro. Escriño | VBT | |
- | - | Cvathus olla | Niñal. Oveiro. Dedaleira | VBT | |
- | - | Cvathus striatus | Oveiro. Dedil | VBT | |
Daedalea Quercina | Fune:o lebirinto | VT | |||
Daldinia concentrica | Ril | V | |||
- | - | Diatrvve disciformis | Penca da faia | T | |
Com | Discina perlata | Cunco | VT | ||
- | - | Entoloma incanum | Pe averdecado | VBT | |
M | Entoloma lividum | Enganosa | V | ||
Com | Fistulina hepatica | Fígado. Lingua de boi. Asadura.
| VBT | ||
- | - | Fames fomentarias | Caripocha. Esca | VBT | |
- | - | Fomitopsis pinicula | Caripocha dos piñeiros | VT | |
- | - | Fuligo cinario | Moco dos cascarolos. Mucus das coscas | VBT | |
- | - | Fuligo septico | Ovas de sapo | V | |
Fuserium sp (Choremia) | Choremia | ||||
- | - | Ganoderma applanatum | Caripocha. Esca | VBT | |
- | - | Ganoderma lucidum | Paipa | VBT | |
- | - | Geastrum campestre | Estreliña | VBT | |
- | - | Geastrum nanum | Estreliña. Estrela zanicouca | V | |
- | - | Geastrum pectinatun | Estreliña. Estrela con pescozo | T | |
- | - | Geastrum quadrifidum | Estreliña catro pés | ||
- | - | Geastrum striatum | Estreliña | VBT | |
- | - | Geastrum triplex | Estrela babeiro | ||
Com | Gomphidios maculatus | Choupín dos felgos | VBT | ||
- | - | Gymnopilos svectabilis | Fungo mergurento dos tacóns | VBT | |
Com | X | Gvromitra esculenta | Bonete | T | |
Com | Gyroporus cvanescens | Andoa azul | VT | ||
Hapalopilus nidulans | Bosta dos ramallos. | ||||
Com | X | Helvella acetabulum | Cunco alorzo | V | |
Helvella costifera. | Cunco con costelas. | ||||
Com | X | He/vella crisva | Orellón do inverno. Orella de gato | VBT | |
- | - | Helvella fusco | Orellón (pI. orellós)
| V | |
Com | X | Helvella lacunosa | Orellón do outono. Orellón mouro | VBT | |
Com | X | Helvella monachela | Orellón da raña.Puchos dos frades. Orelleiro
| VBT | |
- | - | Helvella queletii | Orellón das caleiras | V | |
Helvella sulcata | Orellón. | ||||
Hydnum repandum | Lingua | ||||
Hydnum rufescens | Lingua marela | ||||
Hygrophorosis aurentiaca | Falsa cacafina. Falsa cacaviña | VBT | |||
Com | Hygrophorus limacinus | Limago | VBT | ||
- | - | Inonotus dryadeus | Chancro dos carballos | VTB | |
- | T | Inonotus hispidus | Chancro das mazaeras/pumaregas | VTB | |
Com | Krombholziella negrescens | Madeirudo dos coores | VT | ||
Krombholziella scabra | Ala de mosca | VTB | |||
Com | Kuehneromyces mutabilis | Pucho dos umeiros | VT | ||
- | - | Lactarius aurentiacus | Latouro | VTB | |
- | - | Lactarius chrysorrheus | Latouro | VTB | |
- | - | Lactarius cistophilus | Leitarego do xaral. Leitarego das estevas | V | |
? | X | Lactarius contraversus | Leitarego dos choupos | VTB | |
Com | Lactarius deliciosus | Fungo da muña. Carneira. Latouro.
| VTB | ||
Lactarius fuliginosus | Latouro | ||||
- | - | Lactarius piperatus | Pimenteiro | VTB | |
- | - | Lactarius Quietus | Leitarego | VTB | |
Com | Lactarius salmomicolor | Carneira | T | ||
Com | Lactarius samguifluis | Carneira | T | ||
Lactarius subsericatus | Latouro | ||||
T | Lactarius torminosus | Falsa carneira | VTB | ||
- | - | Lactarius villerreus | Leitarego | T | |
T | Lactatius blumii | Falso nízcaro. Falsa carneira | VTB | ||
Laetipotus sulphureus | Carne de pita | ||||
Com | Langermannia gigantea | Bomba | T | ||
Com | Lentinellus cochleatus | Ostra anisada | T | ||
- | - | Leocorpus fragilis | Ovo de sapo | VTB | |
- | - | Leotia lubrica | Limáchega. Lesma | VTB | |
¿? | ? | Lepiota acutesquamosa | Choupín fedento | VTB | |
M | Lepiota brunnio-incarnata | Fol de veleno
| VT | ||
- | - | Lepiota clvpeolaria | Pé azul. Nazarena. | T | |
Leviota gracilenta | Choupín lampizo | ||||
Com | ¿-? | Lepiota ignivolvata | Choupín de montaña | VT | |
Com | Levista inversa | Funil das carballeiras | VTB | ||
Com | Lepista luscina | Funil manchado | T | ||
Com | Levista nubulares | Aborrallado | VTB | ||
Com | Lepista nuda | Pé azul. Nazarena | VTB | ||
- | - | Licogala evidendrom | Verruguenta | VTB | |
Com | X | Leucoagaricus pudicus | Choupín branco. Campocha | VTB | |
Com | Leucopaxillus candidus | Funil dos lameiros | T | ||
Com | X | Lvcoperdon foetidun | Fungo do sapo. Bufo de vella | VTB | |
- | - | Lycoperdon mammiforme | Fungacho. Peido de lobo.
| VTB | |
Com | X | Lvcoperdon molle | Fungo dos manciñeiros. Fungo do sapo | VTB | |
Com | X | Lvcoverdon verlatum | Peido de lobo. Fungacho | VTB | |
Com | Lvophvllum decastes | Tortullo apiñado | VT | ||
Com | Macrolepiota mostoidea | Frade. Matacandís. Puchodosapo. Cogordo. Toupela.
| VTB | ||
Com | Macrolepiota excoriota | Calaza. Cerrota. Coco melo. Cachote | VTB | ||
Com | Macrolepiota konradii | Choupiño lampo.Toupela. Cachote. Matacandís. Zarrota. Roco.
| VTB | ||
Com | Macrolepiota procera | Monxo. Frade. Roco. Palote. Choupín. Cogordo. Toupela. Zarrota.
| VTB | ||
Com | Macrolepiota rhacodes | Calaza. Cocomelo. Choupiño. Rouquiño. Choupín torgallo
| VTB | ||
Macrolepiota venenata | Choupín.
| ||||
T | Marasmius collinus | Falsa sendeiriña | VT | ||
Com | Marasmius oreades | Sendeiriña. Cacavainas
| VTB | ||
- | - | Marivilus giganteus | Caripocha xigante. Alborelle xigante | VT | |
- | - | Melestiza miniata | Lentella das conetas | V | |
Com | Mitrophora hydrida | Pontorra dedil | V | ||
Morchella conica var. Costata | Pantorra. Fungo da coresma | ||||
Morchella conica var. deliciosa | Pantorra. Fungo da corresma | ||||
Morchella conica var. distans | Pantorra de pé longo | ||||
Com | X | Morchella deliciosa | Pantorra. Seta do coresma. Cagarría | VTB | |
Morchella deliciosa var. valdeorensis | Pantorra
| V | |||
Morchella hortensis | Pantorra pelexa | ||||
Com | X | Morchella rotunda | Pantorra. Seta da coresma. Cagarría | T | |
Morchella valdeorrens is | Pantorra. Seta da coresma. Cagarría | ||||
- | - | Mvcena sevnii | Pucho das piñas | VTB | |
Omvhalotus olearius. | Cogumelo vacalume | ||||
Panaeolus papilionaceus | Choupís dos cagallóns | ||||
- | - | Panaeolus semiovata | Choupís dos cae:allóns | VTB | |
- | - | Panaeolus sfhinctrinus | Choupín da bula | VTB | |
Panaeolus subbalteatus. | Cogumelo dos esterqueiros | ||||
- | - | Panus rudis | Chapeo de pana. Alborelle coiracho | VTB | |
- | - | Paxillus atrotomentosus | Alborelle de polainas | VTB | |
M | Paxillus involutus | Orellagacha dos castiñeiros | VTB | ||
Com | X | Paxina acetabulum | Cunco | V | |
- | - | Paxina leucomelas | Alferga | VT | |
Com | Peckiella lateritia | Carneira caleada. Caleada | VTB | ||
Com | ¿-? | Pez iza badia | Cunco | VTB | |
Com | ¿-? | Peziza badioconfusa | Cunco | T | |
- | - | Pez iza praetervisa | Cunco das rozas | VTB | |
- | - | Peziza revanda | Cunco das corredoiras | VTB | |
- | - | Pez iza varia | Cunco | V | |
- | - | Phaeolus schweinitzii | Alborelle fonxe | VTB | |
Com | ¿-? | Phallus hadriani | Carallo de ovos rosas | VTB | |
Com | ¿-? | Phallus impudicus | Carallo
| VTB | |
- | - | Phelledon niger | Lingua | T | |
Phellinus negricans | Alborelle das carballeiras. Carrocha
| V,TB | |||
- | - | Pholiota aurivella | Fungo das choupeiras | VT | |
- | - | Pholiota destruens | Alborelle | VT | |
- | - | Piptoporus betulinus | Cipocha dos bidueiros. Bido de San Xoán | VTB | |
Com | ¿-? | Pisolithus arhizus | Patacas das meie:as | VTB | |
Com | Pleurotus ostreatus | Ostras dos negrillos. Alborelle | VT | ||
Com | ¿-? | Pleurotus ostreatus v. Colubinus | Ostra | VT | |
- | - | Plutius atromarginatus | Alborelle dos piñeiros | V | |
Psilocybe semilanceata. | Fungo do demo. | ||||
- | - | Pyromema domesticum | Costrado das queimas | VTB | |
- | - | Resuvintcus silvanus | Roseta | VTB | |
- | - | Rhodotus palmatus | Alborelle visgo. Visgo dos negrillos | V | |
Com | Rhozovogon roseolos | Feixo | VTB | ||
Com | Russula aurata | Netorra raíña | V | ||
Com | Russula cvanoxanta | Netorra das carballeiras | VTB | ||
Com | i.- ? | Russula delica | Netorra terrosa dos soutos | VTB | |
T | Russula emetica | Netorra proer | VTB | ||
- | - | Russula nigricans | Netorra moura | VT | |
- | - | Russula sanguinia | Netorra sane:ue | VTB | |
- | - | Russula sorodia | Netorra
| VT | |
Com | Russula virescens | Netorra dos cregos | VTB | ||
- | - | Rutstroemia echinophila | Alborello dos ourizos | VTB | |
- | - | Sarcodon colosseum | Lingua xigante | T | |
Com | i.- ? | Sarcodon imbricatus | Lingua de boi mouro | VTB | |
- | - | Sarcodon scabrosus | Lingua marela | T | |
Com | ¿-? | Sarcoscypha coccinea | Fror dos garabullos | VTB | |
Sarcosphaera coronaria | Cunco | ||||
Com | M | Sarcosphaera crassa | Cunco estrelado | V | |
- | - | Schizophyllum commune | Rosetas | VTB | |
- | - | Scleroderma citrinum | Feixo do demo | VTB | |
- | - | Scleroderma polyrhizum | Fungacho dos curandeiros | VTB | |
- | - | Scleroderma verrucosum | Baloca das meigas | VTB | |
Com | Sparassis crispa | Colifrol do monte | T | ||
- | - | Sphaerobolus stellatus | Estralique das pinas | VTB | |
- | - | Strobilomyces strobilaceos | Madeirudo pina. Andoa peluda | T | |
- | - | Stropharia semiglobata | Ovos dos cagallos | VTB | |
Com | Suillus bellinii | Madeirudo da muña | VTB | ||
Com | Suillus bovinus | Andoa miúda | VTB | ||
Com | Suillus collinitus | Madeirudo amarelo | VTB | ||
- | - | Suillus flavidus | Madeirudo de anel | T | |
Com | Suillus granulatus | Andoa de e:raos | VT | ||
Com | Suillus luteus | Madeirudo con anel | VT | ||
- | - | Thelephora terrestris | Roseta da terra | VTB | |
- | - | Trametes gibbosa | Alborelle | VTB | |
- | - | Trametes hirsuta | Alborelle peluda | VTB | |
- | - | Trametes versicolor | Alborelle de cores | VTB | |
- | - | Tremella mesenterica | Merexos das ramalleiras | VTB | |
- | - | Tricholoma albobrunneum | Tortullo
| VT | |
Com | - | Tricholoma auratum | Tortullo dos cabaleiros | TB | |
Com | - | Tricholoma columbetta | Tortullo branco | VTB | |
Com | - | Tricholoma equestre | Tortullo dos cabaleiros | VTB | |
Com | - | Tricholoma orirubens | Tortullo xaspeado | V | |
Com | - | Tricholoma sulphureum | Enxofre. Tortullo fedento | VTB | |
Com | - | Tricholoma terreum | Pel de rato | VTB | |
Tricholoma ustaloides. | Tortullo | ||||
- | - | Tricholoma viridifucatum | Tortullo dos érbedos | V | |
- | - | Tricholomopsis rutilans | Alborelle | VTB | |
- | - | Tylopilos felleus | Madeirudo fel. Cogordo margurento | TB | |
Com | - | Volvariella bombycina | Ovo das meigas | VTB | |
- | - | Volvaiella volvacea | Cacaforra dos lindeiros | VTB | |
Com | - | Xerocomus badius | Madeirudo Castaño | TB | |
- | - | Xylaria hypoxylon | Mans en pena | VTB |
No hay comentarios:
Publicar un comentario