Carpóforo formado inícialmente por un receptáculo en forma de ovo branco e mol, de un par de centímetros de diámetro. Ao abrir-se dá lugar a un pé acabado nun ápice de cor marcadamente vermello, pero envolvido pola gleba que é de cor esverdeada e de consisténcia mucilaginosa. Este ápice vermello posui numerosos buraquiños pequenos visíbeis con lupa por onde son expulsadas as esporas tras a madurazón das mesmas. Todo o conxunto magoas ten pouco mais de meio centímetro de ancho e non mais de 7 ou 8 de longo.
Pé longo de cor branca, que vai adoptando coa idade tonalidades anaranxadas ou amarillentas, ocas e moi fráxis. separabel dos restos do ovo que se adere a el como unha espécie de volva.
Carne pouco significativa que emana un olor desagradabel sen chegar ao hedor de outros cogumelos do seu grupo.
Hábitat:
Medra durante o outono, ás veces de forma gregaria, en zonas húmidas dos nosos bosques. Localizamo-lo sobre todo en O Castro de Valdeorras en moreas de restos de árbores dunha curta.
Bibliografía:
De Diego Calonge F., 1979, Setas (Hongos) Guía ilustrada Pagina 391
Garcia-Echave Mª Cristina, 2009, Guia de setas de Burela y A Mariña Paxina 168
Marcote J.M.C & Pose M & Traba J.M. Cogomelos de Galicia. Paxina 483
Mendaza R. & Diaz Montoya, 1987, Las setas Pagina 679
Mendaza R. & Díaz Montoya, 1994, Las setas en la naturaleza Tomo – 1 Pagina 205
No hay comentarios:
Publicar un comentario