sábado, 26 de junio de 2010
Tragopogon porrifolius
Tragopogon porrifolius
Tragopogon porrifolius, coñecido como salsifí comun, barba de cabra ou cabrón, é unha erva nativa da Europa mediterránea.
O nome "Tragopogon" (do griego ?, grolo, "macho cabrío" e ?, pogon, "barba") -polo que aparece xa mencionada por Dioscorides na sua "Matéria médica", por Plinio o Vello na sua "História natural" e por Teofrasto na sua "História das plantas"- lle ven da cabeleira ou barba que pende do cume do tallo.
Dioscorides a descrebe dicendo que "o tallo é pequeno, as follas semellantes ás do azafrán, a raiz longa e doce é comestibel. Encima do tallo produce un cáliz grande e do cume pende un vilán grande, do que tamén toma o nome. A planta é comestibel." É espécie botánica con capítulos lilá a violeta, con flores igual de longas que as brácteas involucrales, que son de 3-5 cm. Perene de até 120 cm, de follas glabras amplamente lineais. Cabiños hinchados baixo os capítulos. Florece de abril a xuño. Habita en lugares herbosos e xunto a estradas. Orixinária da rexión mediterránea; cultivada e naturalizada no norte, oeste e centro de Europa.
Ven-se vários "molinillos" por Valdeorras pero este é o mais espectacular, case todos o confunde co dente de leon.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario